As ARBORES da cidade - page 152

Nomes populares
:
gal
.: carballo australiano,
grevillea arbórea;
cast
.: roble australiano,
roble sedoso, pino de oro.
Etimoloxía
: o nome do xénero foi dado na
honra de Charles Francis Greville (1779-
1809), cofundador e vicepresidente da Royal
Horticultural Society de Londres, e o epíteto
específico deriva do latín
robustus
, robusto,
polo seu porte.
Familia
: Proteaeae.
Orixe
: leste deAustralia.
Utilidades e curiosidades
: planta demedra
rápida, con follas grandes, perennes, de cor
verdemate pola face e prateadas polo envés,
semellantes ás frondes dos fentos; as flores son
moi vistosas, con estilos de cor amarela
alaranxada (ver foto), e dispóñense en acios
apicais semellando un cepillo.Amadeira desta
especie é elástica e resistente e úsase en
ebanistería e carpintería.As flores polas súas
vistosas cores atraenmoito as abellas, e, polo
tanto, son bastantemelíferas.Dise que a
mellor floración adoita acontecer despois dun
inverno cálido e seco.
Momentos demaior interese ornamental
:
todo o ano, pero especialmente cando florea
(da primavera ata comezos do verán, ás
veces xa no inverno).
Localización e número de exemplares
:
praza da Constitución
(1); xardín entre
AlcaldeHevia
e a igrexa
de San
Xosé
(1).
Pontevedra_As árbores da cidade
Grevillea robusta
A. Cunn. exR.Br.
118
Anxiospermas
a
b
c
1...,142,143,144,145,146,147,148,149,150,151 153,154,155,156,157,158,159,160,161,162,...320
Powered by FlippingBook