As ARBORES da cidade - page 153

Pontevedra_As árbores da cidade
Hibiscus syriacus
L.
119
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: hibisco, hibizo, rosa de Siria;
cast
.: hibisco, rosa de Siria.
Etimoloxía
: o nome xenérico pénsase que alude a Ibis, deus exipcio, na honra da beleza das
súas flores, e o epíteto específico refírese ao que nesemomento (mediados do século XVIII)
creíase o seu lugar de orixe, Siria.
Familia
:Malvaceae.
Orixe
: sur e leste deAsia (China e India).
Utilidades e curiosidades
: arbusto que chega co tempo a converterse nunha arboriña de
modestas dimensións, valorado como ornamental sobre todo pola beleza das súas flores, brancas,
rosas oumoradas, conmanchas púrpuras ou non na base dos pétalos, inodoras. Na China
empregan as súas flores na cociña, nalgunhas partes deAsia as follas son usadas como substituto
do té.Tamén coas follas, prepárase un tónico para problemas estomacais e a casca e as raíces
son usadas como remedio contra diarreas e a disentería.
Momentos demaior interese ornamental
: durante a floración, que se concentra no verán.
Localización e número de exemplares
:
barrio da Seca (26); xardíns deVincenti (parque das
palmeiras) (15); parque do Cogomelo (7); xardíns daAutoridade Portuaria
da ría deMarín-Pontevedra (2); rúa das Lavandeiras (1);
avenidaAugusto García Sánchez (2); xardín entreAlcalde
Hevia e igrexa de San Xosé (2); cemiterio de San
Amaro (1); rotonda entre a avenida de BosAires e a
ponte de Santiago (2); praza da Constitución (1).
a
b
1...,143,144,145,146,147,148,149,150,151,152 154,155,156,157,158,159,160,161,162,163,...320
Powered by FlippingBook