As ARBORES da cidade - page 159

Sinónimos
:
Juglans duclouxiana
Dode,
J. fallax
Dode,
J. orientalis
Dode
Nomes populares
:
gal
.: nogueira,
noceira, noceda, caroleira;
cast
.:
nogal.
Etimoloxía
: o xénero deriva do
que daban os romanos tanto á
árbore como ao froito,
posiblemente derivado de
Jovis
,
Xúpiter, e
glans
, landras. O epíteto
específico provén do latín
regia
,
real, propio de reis.
Familia
: Juglandaceae
Orixe
: sueste de Europa e oeste
deAsia, ata o centro de Rusia,
China eHimalaia.
Utilidades e curiosidades
: como
ornamental non adoita ser usada:
neste caso, trátase de exemplares
ventureiros, se plantaron con fíns didacticos ou son
plantas que estaban situadas en antigas leiras de
cultivo que hoxe están axardinadas.Amadeira,
unha das máis caras de Europa na actualidade, é
moi utilizada, polo veado negro sobre fondo
pardo claro, en ebanistería, tornería e carretería.
Émoi usada na fabricación de culatas de armas
de fogo.A semente (noz) moi apreciada tanto en
fresco como en repostería, tamén proporciona un
aceite industrial.As follas poden ser usadas en
infusión polos diabéticos debido ás súas virtudes
hipoglucemiantes e, xunto coa casca, tenmoitos
taninos, polo que son astrinxentes. Da casca verde do
froito obtense o verniz coñecido como
nogalina
,
empregado nomedio rural como tinta natural para tinguir de
cor parda as prendas de la e o pelo. Pola forma cerebriforme das
sementes foi empregada para fortalecer o cerebro (teoría do sinal ou da signatura), de aí que
algunha persoa como o falecido antigo presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan
Antonio Samaranch, dixera publicamente que sempre leva unha no peto para potenciar a
memoria.
Momentos demaior interese ornamental
: especialmente a primavera, cando as follas se
encontran nomáximo esplendor, antes de que sexan atacadas por patóxenos e se deteriore o seu
aspecto e/ou caian prematuramente.
Localización e númerode exemplares
: xardín entre a avenida deCompostela e a rúaCelsoEmilio
Ferreiro (1); IES:Sánchez Cantón (1); centro de formación e recursos dePontevedra (CFR) (1);
IESAXunqueira II (6); cemiterio deSanAmaro (1); IESAXunqueira (4); campus universitario
daXunqueira (arredores deFisioterapia eCiencias daEducación) (1).
Pontevedra_As árbores da cidade
Juglans regia
L.
124
Anxiospermas
a
b
1...,149,150,151,152,153,154,155,156,157,158 160,161,162,163,164,165,166,167,168,169,...320
Powered by FlippingBook