As ARBORES da cidade - page 163

Nomes populares
:
gal
.: loureiro;
cast
.: laurel,
laurel común.
Etimoloxía
: o xénero procede do nome romano
da árbore. E o epíteto específico, do latín
nobilis
,
nobre, notable,maxestoso.
Familia
: Lauraceae.
Orixe
: rexiónmediterránea; resulta difícil
precisar a súa área natural porque se cultiva
dende a antigüidade.
Utilidades e curiosidades
: especie usada como
ornamental, especialmente paramantelo
recortado, sexa como sebe ou como arboriña, dada
a súa facilidade para a poda.A nivel popular, úsase
como condimento para adobar carne e peixe, aínda
que é conveniente -segundo tradición popular-
retirar os nervios grosos das follas, xa que en
grandes cantidades poden resultar tóxicos.As
follas conteñen cineol (aceite esencial) estimulante das funcións
dixestivas.Tamén ten propiedades antirreumáticas.Amadeira é
dura, pesada e aromática.Na antigüidade usábanse as follas e
póliñas para a confección de coroas para as cerimonias de triunfo
(aínda se usa na actualidade con este fin nalgunhas celebracións
deportivas) e,máis tarde, as coroas dos que remataban os estudos
de humanidades, usando póliñas frutificadas, costume que deu a
denominación de“
bacca laureati
”ou, actualmente, bachareis.
Tamén se usa tradicionalmente unha póla de loureiro para celebrar
que se botou a última placa dun edificio ou para sinalar a situación dun furancho.Moitos dos
exemplares censados deben ter orixe ventureira e/ou estaban nalgunhas hortas que se axardinaron.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano.
Localización e número de exemplares
: campus universitario da Xunqueira (arredores de
Ciencias Sociais) (16); avenida da RaíñaVitoriaUxía - San Roque - Corpo Santo - San Roque
deAbaixo (escola infantil OToxo) (1); xardíns daAutoridade
Portuaria da ría deMarín-Pontevedra (2); paseo urbano do río
dos Gafos(v); rúa do Cruceiro (1); barrio dos Salgueiriños
(1); parque das Camelias (AParda) (1); praza dos Soutos
(1masa de rebrotes); xardín entre a avenida de
Compostela e a rúa Celso Emilio Ferreiro (1); CEIPA
Xunqueira I (1); rúa do Xeneral Antero Rubín (2);
rúa do Xeneral Antero Rubín (patio interior) (2);
CEIPCampolongo (1); xardín entreAlcaldeHevia e
a igrexa de San Xosé (1); rúa JoséMalvar Figueroa
esquina co CamiñoVello de Castela (1); rúaAvelino
MonteroVillegas (1); cemiterio de SanAmaro (4);
rúa XoánManuel Pintos (10); IESAXunqueira (1);
xardíns da Deputación Provincial (1); rúaArcebispo
Malvar (1); paseo do Enxeñeiro Rafael Areses (1);
CamiñoVello de Castela (1); rúa SantoAntoniño (1).
Pontevedra_As árbores da cidade
Laurusnobilis
L.
128
Anxiospermas
a
b
c
1...,153,154,155,156,157,158,159,160,161,162 164,165,166,167,168,169,170,171,172,173,...320
Powered by FlippingBook