As ARBORES da cidade - page 172

Pontevedra_As árbores da cidade
Liriodendron tulipifera
L.
134
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: árbore das tulipas;
cast
.: árbol de las tulipas, tulipanero deVirginia,
tulipero deVirginia.
Etimoloxía
: o xénero deriva dos vocábulos gregos
leirion
, lirio, azucena, e
dendron
, árbore, pola
forma das súas flores, e o epíteto específico provén da palabra latina
tulipa
, tulipán, e do sufixo
tamén latino,
fer
, que produce ou trae, pola forma das flores semellantes a un tulipán.
Familia
:Magnoliaceae
Orixe
: leste e sueste deAmérica doNorte (Estados Unidos e Canadá).
Utilidades e curiosidades
: grande interese ornamental pola súa ampla copa, polas curiosas
follas con ápice truncado e espectaculares flores. Non adoita florear ata que a árbore supera os
quince anos de idade.Amadeira, de cor amarela clara, de grao fino, lixeira, branda, úsase para
a construción demobles, barcas ou
acabado interior de vivendas. Da
casca extráese a tulipiferina,
alcaloide estimulante do corazón e do
sistema nervioso.
Momentos demaior interese
ornamental
: entre a primavera e o
outono, cando ten as características
follas truncadas, pero, especialmente,
durante a floración (abril-maio).
Localización e número de
exemplares
: parque do Cogomelo (1);
entrada da illa do Covo (Illa das
Esculturas na Xunqueira) (8); Illa das
Esculturas (2);AXunqueira (antigo
parque da Familia) (6); IESA
Xunqueira (2); parque da Constitución
(1); arredores da igrexa de San Xosé
(2); praza das Regas (1).
a
b
1...,162,163,164,165,166,167,168,169,170,171 173,174,175,176,177,178,179,180,181,182,...320
Powered by FlippingBook