As ARBORES da cidade - page 178

Pontevedra_As árbores da cidade
Mahoniaaquifolium
(Pursh.)Nutt.
138
Anxiospermas
Sinónimos
:
Berberis aquifolium
Pursh.
Nomes populares
:
gal
.:mahonia;
cast
.:mahonia,
uvas de Oregón.
Etimoloxía
: o nome xenérico está dedicado a un
horticultor norteamericano de orixe irlandés,
BernardM.Mahon (1775-1816). O epíteto
específico refírese a que os folíolos espiñentos
aseméllanse ás follas do acivro (
Ilex aquifolium
).
Familia
: Berberidaceae.
Orixe
: oeste de Estados Unidos (Estados de Idaho e
Oregón).
Utilidades e curiosidades
: planta de grande interese ornamental, agora
mesmo pouco plantada, e, normalmente, arbustiva. O exemplar censado pode ter entre trinta e
corenta anos, por iso chegou a acadar os 2metros de altura que, aproximadamente, ten na
actualidade.Todas as súas partes sonmoi vistosas, con follas verdes perennes, brillantes, espiñentas
nos bordos, que na vellez acaban sendo de cor verde purpúrea, flores dispostas en acios de cor
amarela dourada e froitos alongados de cor negra azulada, comestibles de pouca calidade.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, aínda que especialmente no inverno,
cando florea, e na primavera, cando produce os acios con numerosos froitos.
Localización e número de exemplares
: IESFrei Martín Sarmiento (1).
a
b
1...,168,169,170,171,172,173,174,175,176,177 179,180,181,182,183,184,185,186,187,188,...320
Powered by FlippingBook