As ARBORES da cidade - page 180

Pontevedra_As árbores da cidade
Malusdomestica
(Borkh.) Borkh.
140
Anxiospermas
Sinónimos
:
Malus pumila
Mill.;
M. communis
Poir.
Nomes populares
:
gal
.:maceira,mazaira,maciñeira,mazanceira,macira;
cast
.:manzano,
manzano común.
Etimoloxía
: o xénero é o nome que os romanos daban a esta árbore, e o epíteto específico vén
do latín
domesticus,
domesticada, referíndose a que se cultiva.
Familia
: Rosaceae
Orixe
: non estámoi claro: crese que das rexións temperadas de Europa e do oeste deAsia
(Cáucaso,Turquestán).
Utilidades e curiosidades
: esta é a especie da que proceden amaior parte das mazás
comestibles.As mazás, son de cor e sabor variables, dependendo da variedade de que se trate. É
unha das froitas máis populares e está dispoñible
todo o ano nomercado; consómense en
fresco ou transformadas en compota,
zume…ou para obtención de sidra ou
aguardente (o Calvados francés).
Na praza de San Xosé foron
enxertadas hai uns anos castes
autóctonas desta especie (non
sabemos cales) sobre as
maceiras asiáticas que están alí
plantadas (
Malus baccata,M. x
purpurea
); prenderon case
todas as pugas e, nalgún caso,
podemos ver a clara diferenza de
tamaño e demomento de
maduración entre os froitos destas
castes e os das maceiras asiáticas. O
resto dos exemplares censados están
plantados en centros de ensinanza ou son
plantas ventureiras integradas en espazos
axardinados.
Momentos demaior interese
ornamental
: primavera, cando abren
miles de flores branco-rosadas, e finais do
verán e outono (dependendo da
variedade), cando están formadas e
maduras as mazás.
Localización e número de exemplares
:
praza de San Xosé (5, enxertados sobre
as citadas maceiras asiáticas); praza dos
Soutos (1); CEIPAXunqueira I (1); IES
AXunqueira II (5); rúa do Xeneral
Antero Rubín (patio interior) (1); CEIP
Campolongo (3); barrio da Seca (1); CEP
AXunqueira II (1); IESAXunqueira (2);
xardín entreAlcaldeHevia e a igrexa de
San Xosé (1).
a
b
1...,170,171,172,173,174,175,176,177,178,179 181,182,183,184,185,186,187,188,189,190,...320
Powered by FlippingBook