As ARBORES da cidade - page 186

Pontevedra_As árbores da cidade
145
Anxiospermas
Utilidades e curiosidades
:
Morus alba
é unha
especiemoi usada como ornamental nos seus
distintos cultívares e émoi variable de aspecto,
sobre todo forma e tamaño das follas; así, de
feito, algúns autores consideran que
Morus
kagayamae
é unha especie autónoma, que se
caracterizaría por ter follas de gran tamaño
con 3 lóbulos moi marcados, terminados en
punta.As follas desta e doutras especies de
moreira utilizáronse como alimento do verme
da seda
,
e os seus froitos, de cor branco,
rosado, vermello ou, ás veces, negro,
comestibles, sonmoi ricos en vitamina C.
Amadeira úsase en ebanistería. O cultívar
Fruitless’
non produce froitos. O cultívar
Multicaulis
’ obtívose en China para a súa
potente industria da seda, co fin de aproveitar o
gran tamaño das follas para alimentar aos
vermes da seda e ten froitos case negros.
O cultívar ‘
Pendula’
ten unhas vistosas pólas
colgantes ata o solo que lle dan á planta
aspecto de paraugas. O cultívar
‘Venosa’
non
semella ser unhamoreira, pola forma das follas
e a gran cantidade de nervios que ten no envés.
Amadeira é dura e resistente; úsase en
carpintería con varias finalidades.
Momentos demaior interese ornamental
:
primavera - verán, pola súa bonita follaxe verde
clara, e finais de primavera e comezos do
verán, cando os froitos madurecen.
Localización e número de exemplares
:
campus universitario da Xunqueira (Escola de
Forestais) (22); xardín entre a avenida de
Compostela e a rúa Celso Emilio Ferreiro (3);
albergue de peregrinos (1);EEI Concepción
Crespo Rivas (1); aparcadoiro da estación do
tren (1); barrio da Seca (11); ‘
Fruitless
’: escola
infantil Campolongo (3); arredores da igrexa de
San Xosé (1); ‘
Multicaulis
’: aparcadoiro da
estación do tren (17); praza de Barcelos (2);
Pendula’
: parque da Constitución (1);
arredores da igrexa de San Xosé (2); rúa da
Taboada (1); rotonda da ponte dosTirantes
(fronte aoAuditorio) (1); rúaMariscal Pardo
de Cela (2); IESAXunqueira (1); IESTorrente
Ballester (V Instituto) (1);
‘Venosa’
: rúa
Domingo Fontán (8).
c
d
1...,176,177,178,179,180,181,182,183,184,185 187,188,189,190,191,192,193,194,195,196,...320
Powered by FlippingBook