As ARBORES da cidade - page 190

Pontevedra_As árbores da cidade
Neriumoleander
L.
149
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: loendro, loendeira,
loendroeiro;
cast
.: adelfa.
Etimoloxía
: o nome do xénero deriva da
palabra latina
neros
, húmido, porque
acostuma vivir na natureza na beira dos
cursos fluviais; o nome específico crese que
provén do látex oleaxinoso que conteñen as
pólas e as follas, que ten alcaloides velenosos,
ou da afastada semellanza destas follas coas da
oliveira (
Olea europea
). O cultívar ‘
Variegata
(d)
chámase así porque ten as follas manchadas de cor
crema ou amarelo de xeito irregular.
Familia
:Apocynaceae
Orixe
: rexiónmediterránea.
Utilidades e curiosidades
: trátase dunha planta tóxica por inxestión: cóntase o caso histórico
duns soldados franceses mortos (uns autores falan do 1808 e outros do 1914) por comer carne
asada con pólas desta planta.As flores poden chegar amatar as abellas que se acercan a
extraer o seu néctar. O tóxico é a eleandrixenina, que produce convulsións e asfixia. Cultívase
pola beleza das súas follas e, sobre todo, das súas arrecendentes flores, que poden ser de
múltiples cores, brancas, rosadas, vermellas, alaranxadas, amarelas… e ter entre cinco e dez
pétalos (flores simples ou dobres,moitas veces estériles).
a
b
1...,180,181,182,183,184,185,186,187,188,189 191,192,193,194,195,196,197,198,199,200,...320
Powered by FlippingBook