As ARBORES da cidade - page 194

Pontevedra_As árbores da cidade
Perseaamericana
Mill.
152
Anxiospermas
Sinónimos
:
Persea gratissima
Gaertn.
Nomes populares
:
gal
.: aguacate;
cast
.: aguacate, aguacatero.
Etimoloxía
: o nome do xénero vén do seu nome grego
persea
, xa empregado porTeofrasto para
unha árbore exipcia; o epíteto específico vén do latín
americanus
, pola súa procedencia de
América.
Familia
: Lauraceae
Orixe
:América tropical, probablemente deMéxico,América Central e Indias Occidentais.
Utilidades e curiosidades
: especie cultivada polos seus froitos comestibles, os aguacates, que
teñen forma de pera e conteñen unha polpa de cor crema ou ocre e unha semente de gran
tamaño que xermola con facilidade. O froito émoi apreciado na cociña, porque tenmáis
proteínas que os demais e un alto contido en graxas (25%): isto fai que sexa considerado
indistintamente como froito e hortaliza. Interesante especie como ornamental, pola
frondosidade da súa follaxe e porque tamén frutifica nas nosas latitudes. Hai un dito popular que
di que para que unha planta de aguacate frutifique ten que facerse o seguinte: unha noite de lúa
chea ás 12 da noite unhamuller embarazada ten que arrincar un cacho de casca da arbore en
cada un dos catro puntos cardinais, empezando desde a parte da planta orientada ao norte
seguindo o sentido das agullas do reloxo. En pouco tempo empezará a dar froito esta planta.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, xa sexa pola follaxe ou pola presenza de
flores ou froitos.
Localización e número de exemplares
: educación infantil Campolongo (1) ; xardín entre
AlcaldeHevia e igrexa de San Xosé (1).
a
b
1...,184,185,186,187,188,189,190,191,192,193 195,196,197,198,199,200,201,202,203,204,...320
Powered by FlippingBook