As ARBORES da cidade - page 212

Pontevedra_As árbores da cidade
Prunusdomestica
L.
167
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: ameixeira;
cast
.: ciruelo, ciruelo europeo, cirolero.
Etimoloxía
: o xénero é o nome romano dado a todas as plantas que teñen froitos con carabuña, e o
epíteto específico vén do latín
domesticus
, doméstico, relativo á casa ou á familia, referido ao que
cultiva o home xunto á súa casa, como esta especie.A var.‘
ReinaClaudiaVerde
(b)
segundo
algúns autores italianos está dedicada á raíñaClaudia,muller deFrancisco I deFrancia.
Familia
: Rosaceae.
Orixe
: a especie é orixinaria do sueste de Europa (Cáucaso) e suroeste deAsia.A var. ‘
Reina
ClaudiaVerde
’ segundo algúns autores italianos, foi introducida en Francia cara ao ano 1500;
outros autores opinan que esta variedade procede do OrienteMedio.
Utilidades e curiosidades
: especie cultivada polos seus froitos, as ameixas ou claudias,
consumidas en fresco ou usadas para elaborar marmeladas, conservas…A var. ‘
Reina Claudia
Verde
’ produce froitos esferoidais, algo achatados, con carne facilmente desprendible da
carabuña, pel cor verde conmanchas amarelentas, pruinosa, e arrecendentes aomadurecer.
Madeiramarrón avermellada, dura e duradeira, e empregada en tornería. Como ornamental non
adoita usarse; neste caso trátase de plantas cultivadas con fins didácticos, aínda que cando
botan as flores brancas na primavera e candomadurecen as ameixas a finais da primavera ou
durante o verán sonmomentos notables desta especie nas
súas distintas variedades.
Momentos demaior interese ornamental
: durante
a primavera, cando florea, e a finais desta
estación e ao comezo do verán, cando
madurecen os froitos.
Localización e número de exemplares
:
praza de Fermín Bouza Brey (3); IESA
Xunqueira II: ‘
Reina ClaudiaVerde
’ (3).
a
b
1...,202,203,204,205,206,207,208,209,210,211 213,214,215,216,217,218,219,220,221,222,...320
Powered by FlippingBook