As ARBORES da cidade - page 213

Pontevedra_As árbores da cidade
Prunus laurocerasus
L.
168
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: loureiro
real, falso loureiro;
cast
.: laurel
romano, laurel cerezo, laurel real.
Etimoloxía
: o xénero é o nome
romano dado a todas as plantas
que teñen froitos con carabuña e o
epíteto específico deriva do latín
laurus
, loureiro, e
cerasus
, cerdeira,
é dicir, cerdeira que se asemella a
un loureiro, debido ás follas
coriáceas. O cultívar ‘
Angustifolia
polas follas considerablemente
máis estreitas.
Familia
: Rosaceae.
Orixe
: a especie é nativa do sueste
deEuropa (Turquía,Bulgaria,
antiga Iugoslavia) eAsiaMenor
ata Irán. O cultívar ‘
Angustifolia
foi descuberto porA. Leroy, en
Angers (Francia), en 1802.
Utilidades e curiosidades
:
especie desde hai tempo usada
como ornamental, na que
destacan as follas, coriáceas e
perennes, e as flores, brancas,
dispostas en longos acios
ergueitos emoi arrecendentes (a
améndoas amargas).As follas
conteñen glucósidos (prulaurina e
prunasina), que, por fermentación, producen
ácido cianhídrico,moi tóxico; aínda así,
chegáronse a usar en pequenas cantidades
para aromatizar o leite quente. Non obstante,
os froitos, negros, son comestibles, aínda que
ásperos, de escaso valor. Úsase para formar
comareiros (especialmente nametade norte de
Galicia) e como verde de corte para florerías.A
madeira carece de interese.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o
ano, pero de xeito especial na primavera, cando
florea, e entre a primavera e o verán, cando bota os
froitos.
Localización e número de exemplares
: xardíns entre a rúa
IglesiasVilarelle e o paseo deValle Inclán (6);SantaTeresa de
Xesús Jornet (1); escola infantil Campolongo (1); avenida deVigo (antigaDelegación de
Sanidade) (2); avenida deVigo (residencia de estudantes de Caixanova) (1); illa do Covo (Illa das
Esculturas naXunqueira) (1); paseo deValle Inclán (1);‘
Angustifolia
’: CEIPAXunqueira I (1).
a
b
1...,203,204,205,206,207,208,209,210,211,212 214,215,216,217,218,219,220,221,222,223,...320
Powered by FlippingBook