As ARBORES da cidade - page 215

Pontevedra_As árbores da cidade
Prunuspadus
L. subsp.
padus
170
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: pau de san Gregorio, cerdeira de acio, pau da rabia;
cast
.: cerezo aliso,
cerezo de racimos, cerezo de san Gregorio, palo de san Gregorio.
Etimoloxía
: o xénero é o nome romano dado a todas as plantas que teñen froitos con carabuña,
e o epíteto específico vén do grego
pados
, empregado porTeofrasto para denominar unha árbore
de lugares sombrizos, que, segundo algúns autores cren, era a cerdeira do profetaMahoma.
Familia
: Rosaceae.
Orixe
: Europa central e setentrional (chegando ata o norte de España), ata o centro deAsia
(Siberia) e o noroeste deÁfrica (Marrocos).
Utilidades e curiosidades
: interesante especie ornamental polas follas verde pálido, acios
vistosos de flores brancas apiñadas e froito negro, acedo,moi apetecible para os paxaros e que
se chegou a usar para facer marmeladas. Neste caso trátase dunha planta de orixe espontánea
(hai varias nomesmo río, fóra da área de estudo) da que a
asociaciónVaipolorío obtivo algún fillo por división demata
que se plantou nas proximidades, aínda que agoramesmo
só vemos un descendente desta planta nai.Amadeira é
de cor marrón, pesada, dura, e emprégase na
fabricación demobles, rematados de interiores,
construción naval, tornería,mangos, bastóns, zocos e
ebanistería.
Momentos demaior interese ornamental
: en
primavera durante a floración e a finais de
primavera ou comezos de verán candomadurecen
os froitos.
Localización e número de exemplares
: paseo
urbano do río dos Gafos (1,+1mata).
a
b
1...,205,206,207,208,209,210,211,212,213,214 216,217,218,219,220,221,222,223,224,225,...320
Powered by FlippingBook