As ARBORES da cidade - page 216

Pontevedra_As árbores da cidade
Prunuspersica
(L.) Batsch.
171
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: pexegueiro,melocotoeiro, pavieira;
cast
.:melocotonero, duraznero,
paraguayo, nectarina, pavía.
Etimoloxía
: o xénero é o nome romano dado a todas as plantas que teñen froitos con carabuña,
e o epíteto específico vén do grego
persike
, usado para designar o pexego introducido polos
persas e os sátrapas.
Familia
: Rosaceae.
Orixe
: a especie é nativa da China,Afganistán e Irán.
Utilidades e curiosidades
: especie introducida polos romanos, emellorada grazas a
cruzamentos. Cultivada sobre todo polos seus froitos,
comestibles moi apreciados, crus, cocidos ou secos.As
flores son de cor rosa,moi vistosas, e os froitos
pilosos ou non, de cor abrancazada, amarelenta ou
con tons alaranxados, púrpura ou avermellados,
e arrecendentes ou non, segundo a variedade
de que se trate. De xeito sintético, diríamos
que nas variedades que podemos ver en
Galicia se o froito é piloso, abrancazado e
coa carabuña que se despega da carne, son
pexegos; se o froito é piloso, amarelento ou
alaranxado claro e coa carabuña pegada á
carne, sonmelocotóns ou pavías, dependendo
da variedade, e se o froito non ten pelos
(glabro), púrpura e coa carabuña que se
despega da carne, coñécese como
peladillos ou nectarinas. Coas flores faise
unha tisana laxante, e crúas ou cocidas
úsanse para adornar as ensaladas e da
súa destilación obtense un líquido
aromático. Das sementes e follas obtívose
un calmante, que tamén se empregou
paramatar lombrigas. Porén, ten
amigdalina, un glicósido que pode
resultar perigoso para a saúde humana.
Momentos demaior interese
ornamental
: en primavera cando florea e
entre comezos do verán e comezos do
outono cando están formados e
madurecen os froitos.
Localización e número de exemplares
:
paseo do Enxeñeiro Rafael Areses (1);
rúa da Estrada (1); praza do Organistro
(1); CEIPAXunqueira I (1); barrio da
Seca (1); IESAXunqueira (7); paseo
urbano do río dos Gafos (4); xardín entre
AlcaldeHevia e a igrexa de San Xosé
(1); rúa JoséMalvar Figueroa (1).
a
b
1...,206,207,208,209,210,211,212,213,214,215 217,218,219,220,221,222,223,224,225,226,...320
Powered by FlippingBook