As ARBORES da cidade - page 219

Pontevedra_As árbores da cidade
Prunus triflora
Roxb.
174
Anxiospermas
Sinónimos
:
Prunus salicina
Lindl.
Nomes populares
:
gal
.: ameixeira xaponesa (a var. ‘
Golden Japan’
: bolsas de auga);
cast
.:
ciruelo, ciruelo chino-japonés.
Etimoloxía
: o xénero é o nome romano dado a todas as plantas que teñen froitos con carabuña,
e o epíteto específico foi dado porque as flores agrúpanse de tres en tres. O nome da var.
Golden Japan
(b)
refírese á cor dourada dos froitos e ao seu suposto lugar de procedencia,
Xapón. En relación á var. ‘
QueenRosa
(c)
, o seu nome procede da orixe desta variedade, o
cruzamento entre as vars. ‘
QueenAnn
’ e ‘
Santa Rosa’.
Familia
: Rosaceae
Orixe
: a especie é nativa de Extremo Oriente, probablemente procede de China, pero sobre o
ano 1500 introduciuse en Xapón, de aí os seus nomes vulgares.A var. ‘
Golden Japan’
cremos
que, como o nome indica, é orixinaria de Xapón.A var. ‘
Queen Rosa’
procede dos Estados
Unidos, do cruzamento entre as vars. ‘
QueenAnn
’ e ‘
Santa Rosa’
, obtido por J.H.Weinberger na
U.S. Horticultural Field Station de Fresno (California) e comercializada en 1972.
Utilidades e curiosidades
: especie cultivada polos seus froitos, as ameixas, consumidas en fresco
ou usadas paramacerar en augardente,marmeladas,… ‘
Golden Japan’
ten pel e polpa amarelas
conmoito contido en zume (de aí un dos nomes populares en galego), forma redondeada, sabor
correctomais escasamente arrecendente.‘
QueenRosa
’ ten pel de cor entre púrpura, vermello e
amarelo, pruinosa, forma esferoidal, polpa amarela con bo sabor pero pouco arrecendente. Como
ornamental non adoita usarse; neste caso trátase de plantas cultivadas con fins didácticos, aínda
que cando bota as flores brancas na primavera e candomadurecen as
ameixas a finais da primavera ou a comezos do verán son dous
momentos notables desta especie nas súas distintas var-
iedades.
Momentos demaior interese ornamental
: a finais do
inverno e comezos da primavera, cando florea, e a
finais desta estación e no verán, candomadurecen os
froitos.
Localización e número de exemplares
: IESA
Xunqueira II: ‘
Golden Japan’
(1); ‘
Queen Rosa
’ (2).
c
a
b
1...,209,210,211,212,213,214,215,216,217,218 220,221,222,223,224,225,226,227,228,229,...320
Powered by FlippingBook