As ARBORES da cidade - page 225

Pontevedra_As árbores da cidade
Quercus robur
L.
180
Anxiospermas
Sinónimos
:
Quercus pedunculata
Ehrh.
Nomes populares
:
gal
.: carballo, carballo común;
cast
.: roble,
roble carballo, roble albar.
Etimoloxía
: o xénero é o nome dado polos romanos aos carballos.
O epíteto específico é o nome dado tamén polos romanos a certas
árbores demadeira dura.
Familia
: Fagaceae
Orixe
: nativo do centro, oeste e norte de Europa, ata os Balcáns,
Urais e o Cáucaso.
Utilidades e curiosidades
: úsase como ornamental emesmo na
arte da topiaría; pode verse, por exemplo, tallado con distintas
formas:mesa, cisne....A súamadeira é demoi boa calidade e de
difícil putrefacción,mesmo na auga, polo que foi e é usada para a construción naval, ebanistería,
fabricación demobles, tornería, talla de esculturas ou tonelaría. Hai exemplares xigantescos por
toda Galicia, que poden superar os 500 anos de antigüidade, entre os que temos o carballo
supostamentemilenario da capela de SantaMargarida
(a)
, incluído no Catálogo de árbores
senlleiros de Galicia, duns 8metros de perímetro, e do que se conta que as promesas que se fan
baixo del non se poden rachar nunca.
Momentos demaior interese ornamental
: especialmente da primavera ao outono, dende que
florea
(b)
, ten follas verdes e frutifica no verán-comezo do outono, dando lugar ás landras.
Localización e número de exemplares
: capela de SantaMargarida (1); alameda doArquitecto
Sesmeros (25); illa do Covo (Illa das Esculturas) (1); avenida de SantaMaría (residencia) (1);
praza deValentín García Escudero (1); xardín entre a avenida de Compostela e a rúa Celso
Emilio Ferreiro (3); CEIPAXunqueira I (1);Escola Oficial de Idiomas (1); IESAXunqueira II
(1); escola Infantil EEI Concepción Crespo Rivas (1); escola infantil Campolongo (2); río
Lérez, praia fluvial (v); IESAXunqueira I (1); IESAXunqueira (3); xardín entreAlcalde
Hevia e a igrexa de San Xosé (1);AXunqueira (antigo parque da familia) (4); campus
universitario da Xunqueira (arredores de Forestais) (3); campus universitario da Xunqueira
(arredores de Fisioterapia e Ciencias da Educación) (5); paseo urbano do río dos Gafos (v); illa
do Covo (Illa das Esculturas) (v); campus universitario da Xunqueira (v).
a
b
c
1...,215,216,217,218,219,220,221,222,223,224 226,227,228,229,230,231,232,233,234,235,...320
Powered by FlippingBook