As ARBORES da cidade - page 239

Nomes populares
:
gal
.: salgueiro chinés retorto;
cast
.: sauce de Pekín (a especie), sauce
tortuoso, sauce chino tortuoso.
Etimoloxía
: o xénero é o nome dado polos romanos aos salgueiros, tanto ás pólas como á
madeira. O epíteto específico deriva do apelido do botánico xaponés SadahisaMatsuda (1857-
1921). O cultívar ‘
Tortuosa
’ chámase así porque ten pólas e póliñas retortas e colgantes e follas
enroladas sobre si mesmas.
Familia
: Salicaceae.
Orixe
: especie orixinaria do norte de China, deMongolia e Corea. O cultívar ‘
Tortuosa
’ foi
descrito da área de orixe polo botánicoAlfred Rehder como variedade (
S.matsudana
var.
tortuosa
Rehd.).
Utilidades e curiosidades
: cultívar con grande interese ornamental polas póliñas e follas
retorcidas en espiral, polo que tamén se usa para arranxos florais. Plantouse bastante ata hai
uns anos pero, como comentamos nalgunhas das especies deste xénero, vesemenos porque émoi
sensible á
Armillaria
, fungo parasito que, no caso de Pontevedra, decimou o número de
exemplares desta especie que había nos espazos públicos.Tamén é sensible aos efectos do vento.
Momentos demaior interese ornamental
: polas características pólas e follas é salientable o
seu valor como ornamental todo o ano, aínda que é de destacar o comezo da primavera cando
florea e ten follas novas.
Localización e número de exemplares
: parque de Rosalía de Castro (4); CEPAXunqueira II
(1); paseo deValle Inclán (2).
Pontevedra_As árbores da cidade
Salixmatsudana
Koidz.
‘Tortuosa’
192
Anxiospermas
a
b
1...,229,230,231,232,233,234,235,236,237,238 240,241,242,243,244,245,246,247,248,249,...320
Powered by FlippingBook