As ARBORES da cidade - page 250

Sinónimos
:
Tamarix anglica
Webb
Nomes populares
:
gal
.: tamargueira, tamarxeira;
cast
.: tamarisco, tamariz, taray, taraje,
atarfe, tamariz de Francia.
Etimoloxía
: o xénero deriva do nome dado polos romanos a esta árbore, que se cre que viña do
nome do ríoTamaris, actualmente denominadoTambro, onde, ao parecer,medraba
abundantemente esta especie. O epíteto específico déuselle porque os primeiros exemplares
coñecidos procedían da
Galia
(Francia).
Familia
:Tamaricaceae.
Orixe
: rexións mediterránea emacaronésica (Canarias).
Utilidades e curiosidades
: é unha planta interesante como
ornamental para o litoral, xa que soporta ben os ventos
mareiros e ten unha bonita floración de numerosas flores
rosadas entre finais da primavera e gran parte do verán. Se
non se forma como árbore, fica como un arbusto grande
durantemoito tempo, xa que ramifica desde a base.Madeira
pesada, branca, usada para fabricar apeiros agrícolas e
produce un bo carbón.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, pero
sobre todo entre finais da primavera e boa parte do verán,
cando florea.
Localización e número de exemplares
: illa do Covo (Illa
das Esculturas) (2 grupos).
Pontevedra_As árbores da cidade
Tamarixgallica
L.
203
Anxiospermas
a
b
1...,240,241,242,243,244,245,246,247,248,249 251,252,253,254,255,256,257,258,259,260,...320
Powered by FlippingBook