As ARBORES da cidade - page 261

Pontevedra_As árbores da cidade
Viburnum rhytidophyllum
Hemsl.
212
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: viburno chinés;
cast
.: viburno chino.
Etimoloxía
: o nome do xénero era aquel co que os romanos designaban as plantas que servían
para atar (provén do latín
viere
, atar), xa que as pólas dalgunhas especies deste xénero son
flexibles e tiñan este uso. O epíteto específico vén do grego
rhytido
, enrugado, e
phyllum
, folla,
polo aspecto característico das follas desta especie.
Familia
: Caprifoliaceae.
Orixe
: centro e sur de China.
Utilidades e curiosidades
: planta con grande interese ornamental pola presenza de follas
longas, estreitas, verde escuras e brillantes, e polas compactas
inflorescencias de flores de cor branco crema, seguidas de
froitos vermellos, negros aomadurecer, non comestibles.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano
grazas ás súas vistosas follas brillantes e perennes, as
flores, que abren entre o inverno e a primavera, e
os froitos, quemadurecen entre o fin do verán e o
inverno.
Localización e número de exemplares
:
xardín
entre a avenida deAugusto García Sánchez e a
igrexa de San Xosé (1).
a
b
1...,251,252,253,254,255,256,257,258,259,260 262,263,264,265,266,267,268,269,270,271,...320
Powered by FlippingBook