As ARBORES da cidade - page 28

Nomes populares
:
gal
.: criptomeria, alcipreste do Xapón;
cast
.: criptomeria, ciprés de Japón,
cedro japonés.
Etimoloxía
: o xénero deriva do grego
kriptós
, escondido, e
meros
, parte, debido a que as
estruturas florais non se distinguen facilmente; o epíteto específico refírese ao seu lugar de
procedencia. O cultívar ‘
Elegans
(a)
foi chamado así polo seu suposto porte elegante.
Familia
:Taxodiaceae
Orixe
: especie nativa do Xapón e da China Sudoriental. O cultívar
‘Elegans’
foi enviado en 1854
dende Xapón porTh. Lobb aos viveiros de John GouldVeitch no ReinoUnido.
Utilidades e curiosidades
: especie con interese tanto forestal como ornamental.A súamadeira
é de excelente calidade, os xaponeses chámana
sugi
e úsana sobre todo para tallar as estatuas
dos templos sintoístas. Como ornamental obtivéronse numerosos cultívares, especialmente de
baixo porte; o cultívar ‘
Elegans’
acadamoitamenor altura que a especie tipo e é unha forma de
follaxe xuvenil permanente e rara vez produce conos.
Momentos demaior interese ornamental
: a especie tipo, todo o ano; o cultívar ‘
Elegans
tamén, pero especialmente en outono-inverno, cando a copa verdosa vólvese de cor laranxa,
púrpura ou vermellada.
Localización e número de exemplares
: rúa IglesiasVilarelle (1); rúa JoséMalvar Figueroa
esquina co CamiñoVello de Castela (1); IESAXunqueira (1);
‘Elegans’
: avenida de BosAires
(antigaTafisa) (2); xardíns entre a rúa IglesiasVilarelle e o paseo deValle Inclán (2); xardíns
entre a avenida Fernández Ladreda e o paseo deValle Inclán (2)
Pontevedra_As árbores da cidade
Cryptomeria japonica
(L. f.) D.Don
11
Ximnospermas
a
b
1...,18,19,20,21,22,23,24,25,26,27 29,30,31,32,33,34,35,36,37,38,...320
Powered by FlippingBook