As ARBORES da cidade - page 69

Pontevedra_As árbores da cidade
Acerpalmatum
Thunb.
41
Anxiospermas
Sinónimos
:
Acer formosum
Carrière,
A. jucundum
Carrière
Nomes populares
:
gal
.: pradairo palmado;
cast
.: arce palmado, arce japonés.
Etimoloxía
: o nome do xénero procede do latín
acer
, duro, pola natureza damadeira e era o dado
polos romanos, xa que o usaban para fabricar puntas de lanza. O epíteto específico vén do latín
palmatum
, que ten impresa a pegada da palma daman, facendo referencia á forma das follas. O
cultívar ‘
Dissectum
(b),
polas follas colgantes, fondamente divididas, e o cultívar ‘
Dissectum
Atropurpureum
(a)
, tamén polas follas colgantes fondamente divididas e de cor púrpura escura
.
Familia
:Aceraceae
Orixe
: a especie é orixinaria do Xapón, China e Corea.
Utilidades e curiosidades
:
especie cultivada dende hai moito tempo polos xaponeses, o que deu
lugar á aparición de numerosísimos cultívares, variedades e formas (fálase da existencia de
arredor de 250) dos que aquí recoñecemos dous deles, e citamos outros exemplares sen precisar
a variedade ou cultívar. Dende comezos do século XX, os xaponeses comezaron a usar para
designar a todos estes taxons infraespecíficos os seus nomes vernáculos en lugar dos latinizados,
o que deu e da lugar a unha gran confusión de cara á súa identificación.Tamén se usa para facer
bonsais. Son impresionantes as cores alaranxadas, vermellas, púrpuras… que adquiren en outono
as follas antes de caer.
Momentos demaior interese ornamental
: cando ten follas, da primavera ao outono, pero,
sobre todo cando estas toman as citadas tonalidades outonais.
Localización e número de exemplares
: praza de ConcepciónArenal (1); rotonda da alameda
(3); avenida Xoán Carlos I (conservatorio) (4); rúa Perfecto Feijoo (1); xardíns deVincenti (as
palmeiras) (1); ‘
Dissectum
’: praza de ConcepciónArenal (1); xardíns do Dr. EnriqueMarescot
(1); rotonda entre a avenida deAugusto García Sánchez e a rúa do Xeneral Antero Rubín (2);
entre a avenida Fernández Ladreda e o paseo deValle Inclán (1)
‘DissectumAtropurpureum’:
avenida de SantaMaría (1);
xardíns de Colón (2).
a
b
1...,59,60,61,62,63,64,65,66,67,68 70,71,72,73,74,75,76,77,78,79,...320
Powered by FlippingBook