As ARBORES da cidade - page 81

Pontevedra_As árbores da cidade
Alnusglutinosa
(L.) Gaertner
50
Anxiospermas
Sinónimos
:
Alnus communis
Desf.
Nomes populares
:
gal
.: ameneiro, amieiro, abeneiro, abineiro, umeiro;
cast
.: aliso, aliso común.
Etimoloxía
: o xénero procede do nome romano desta árbore, e o epíteto específico fai
referencia á viscosidade das follas cando son novas.
Familia
: Betulaceae
Orixe
: gran parte de Europa,Asia e noroeste deÁfrica.
Utilidades e curiosidades
: as raíces son quen de fixar nitróxeno atmosférico, coma as
leguminosas, e, como estas teñen nórregas bacterianas (
Agrobacterium tumefaciens
), polo que
pode vivir perfectamente coas raíces dentro da auga.A súamadeira é usada en ebanistería,
tornería, fabricación demobles (para imitar madeiras nobres porque se tingue e pule con
facilidade), para enmangar apeiros de labranza e na fabricación de zocas.
Momentos demaior interese ornamental
: de primavera ao outono, cando ten follas.
Localización e número de exemplares
:AXunqueira (antigo parque da Familia) (19); avenida
da RaíñaVitoriaUxía-San Roque-Corpo Santo-San Roque deAbaixo (escola infantil OToxo)
(2); centro de formación e recursos de Pontevedra (CFR) (1); río Lérez, praia fluvial(v); IESA
Xunqueira I (3); CEPAXunqueira II (1); avenida doUruguai-avenida das Corvaceiras (2);
praza deMollavao (5); campus universitario da Xunqueira (arredores de Fisioterapia e Ciencias
da Educación) (18); paseo urbano do río dos Gafos(v); illa do Covo (Illa das Esculturas)(v);
campus universitario(v); tramo urbano do río Lérez(v).
a
1...,71,72,73,74,75,76,77,78,79,80 82,83,84,85,86,87,88,89,90,91,...320
Powered by FlippingBook