As ARBORES da cidade - page 85

Sinónimos
:
Betula verrucosa
Ehrh.
Nomes populares
:
gal
.: bidueiro chorón ou péndulo;
cast
.:
abedul, abedul péndulo, abedul blanco, abedul verrugoso.
Etimoloxía
: unhas fontes din que o xénero vén do nome
dado polos romanos a esta árbore e ao chopo branco. Outras
teorías sinalan que procede do celta
betu
, ou do verbo latino
batuo,
castigar, ao ser usadas antigamente as pólas por
maxistrados e ensinantes para azoutar delincuentes e nenos rebeldes (de aí o dito de que
“a letra con sangue entra”, polo que o bidueiro fora denominado ironicamente por algún como
“a árbore da sabedoría”). O epíteto específico,
pendula
, fai referencia a que as pólas e póliñas
son pendurantes. O nome do cultívar ‘
Youngii
(a,b)
provén da latinización do apelidoYoung, na
honra dos viveiros así chamados, deMilford, Gales (Gran Bretaña), onde se observou por
primeira vez este cultívar.
Familia
: Betulaceae.
Orixe
: a especie é nativa de case toda Europa, oeste de Siberia, leste deAsia e norte de
Marrocos.
Youngii
’ cultívar descuberto sobre o ano 1900 enMilford, Gales (Gran Bretaña).
Utilidades e curiosidades
: a especie faille honra ao epíteto específico, pero, sobre todo, o
cultívar ‘
Youngii
’, unha árbore cunmarcado aspecto chorón (por ter pólas longamente péndulas),
que serámáis oumenos alta dependendo da altura do patrón sobre o que se enxertou. Esta
especie ten unhamadeira amarelenta ou branco-avermellada, pouco duradeira, para a
fabricación de pipas, caixas ou zocos.A casca úsase para fabricar calzados, cestas ou caixas.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano pola combinación do porte chorón e a
casca branca.
Localización e número de exemplares
: praza deMollavao (5); rotonda entre a ponte dos
Tirantes e a avenida de BosAires (10); praza deValentín García Escudero (3); río Lérez, praia
fluvial (1); Centro Galego deTecnificación Deportiva (6); CEIPBarcelos (1); praza das Regas
(2); CEPAXunqueira II (1); IESAXunqueira (2);AXunqueira (antigo parque da Familia) (1);
paseo deValle Inclán (8); praza da Constitución (3); campus universitario da Xunqueira
(arredores de Ciencias Sociais) (2); campus universitario da Xunqueira (arredores de Forestais)
(5); campus universitario da Xunqueira (arredores de Fisioterapia e Ciencias da Educación)
(18);
Youngii
’: rúa Bibiano Fernández-OsorioTafall (4); travesía da Eiriña (2); praza de
Barcelos (1); rotonda entre a avenida Fernández Ladreda e as rúas deAntonioTaboadaNieto e
Afonso XOSabio (1); rúaAlcaldeHevia (2).
b
a
Pontevedra_As árbores da cidade
Betulapendula
Roth.
54
Anxiospermas
1...,75,76,77,78,79,80,81,82,83,84 86,87,88,89,90,91,92,93,94,95,...320
Powered by FlippingBook