As ARBORES da cidade - page 92

Pontevedra_As árbores da cidade
Buxus sempervirens
L.
61
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: buxo, bou;
cast
.: boj, bujo.
Etimoloxía
: o xénero é o nome usado polos romanos tanto para a planta como para a súa
madeira. O epíteto específico deriva do latín
semper viridens
, sempre verde, facendo alusión á
follaxe perenne.
Familia
: Buxaceae.
Orixe
: centro e sur de Europa, suroeste deAsia e norte deÁfrica.
Utilidades e curiosidades
: usada como ornamental para formar sebes ou como planta illada.
Tenmadeira densa, amarelenta, apreciada en tornería para fabricar gaitas e, antigamente,
pequenos utensilios como garfos, culleres, vasos e pratos, as bólas da LotaríaNacional deNadal
(cos números gravados con láser) ou pezas tan singulares como o secular
escantillón
ou regra de
buxo que usan os artesáns que fabrican campás (en Galicia, a familia Ocampo, deArcos da
Condesa (Caldas de Reis)), unha especie de regra de cálculo demadeira de buxo na que figuran
as relacións (en cifras romanas que hai que traducir a arrobas galegas) entre dimensións, peso e
grosor do bronce que deben ter as campás segundo o seu tamaño.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano.
Localización e número de exemplares
: avenida de SantaMaría-ArcebispoMalvar (palacete
dasMendoza) (1); praza daArmada Española (1).
a
b
1...,82,83,84,85,86,87,88,89,90,91 93,94,95,96,97,98,99,100,101,102,...320
Powered by FlippingBook