As ARBORES da cidade - page 98

Sinónimos
:
Melaleuca viminalis
(Soland. ex Gaertn.) Byrnes,
Metrosideros viminalis
Gaertn.
Nomes populares
:
gal
.: limpatubos chorón;
cast
.: escobillón rojo, limpiatubos llorón.
Etimoloxía
: o nome xenérico deriva do grego
kállos
, beleza, e
stémon
, estame, pola beleza das
flores. O epíteto específico vén do latín
viminalis
, propio para atar, referíndose ás póliñas
flexibles, como as dos salgueiros.
Familia
:Myrtaceae.
Orixe
:Australia: nativo do leste de Queensland e nordeste deNova Gales do Sur.
Utilidades e curiosidades
: nesta especie (unha das máis cultivadas, xunto con
C. citrinus
)
destacan dende o punto de vista ornamental o porte chorón da planta, as follas son curtas e
estreitas, unha inflorescencia tamén curta en forma de espiga cilíndrica composta por
numerosas flores, cada unha delas coa presenza de estames moi longos, de cor vermella
brillante ou rosa, que fan que a inflorescencia se asemelle a un limpatubos e os pequenos
froitos, cápsulas leñosas que persisten durante longo tempo sobre a planta pegados ás pólas a
xeito demanguito, incluso despois de que amedra da póla continúe. Os exemplares censados
pódanse demasiado, o que fai que case non se note o característico porte chorón desta especie.
Momentos demaior interese ornamental
: durante todo o ano polas follas e os froitos (estes
permanecen na planta), pero sobre todo cando florea, en primavera e comezos do verán.
Localización e número de exemplares
: rúaAlcaldeHevia (1); praza de Pasarón (2).
Pontevedra_As árbores da cidade
Callistemonviminalis
(Soland. exGaertn.) G.Don exLoud.
67
Anxiospermas
a
1...,88,89,90,91,92,93,94,95,96,97 99,100,101,102,103,104,105,106,107,108,...320
Powered by FlippingBook