Guía de Bolboretas do ENIL Xunqueira de Alba

GUÍA DE bolboretas DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 56 Señoriña dos brañais NYMPHALIDAE Euphydryas aurinia (Rottemburg, 1775) c: ondas rojas · i: marsh fritillary Orde: Lepidoptera Familia: Nymphalidae Tamaño: p m g mg Grao de ameaza: Galicia: nc España: anexo ii Europa: anexo ii Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xull Ago Set Out Nov Dec DESCRICIÓN E IDENTIFICACIÓN Anverso Aspecto xeral alaranxado, cun deseño a xeito de liñas curvas ou on­ das laranxas, negras e amareladas Na zona submarxinal de ambos os pares alares aparecen unha serie de puntiños, de cor negra no par traseiro a amare­ los no dianteiro As lúnulas dos bordos das ás do par traseiro son por norma xeral abrancazadas e rechamantes Reverso No par dianteiro, o deseño non se afasta moito do anverso, porén, no par traseiro, e desde a zona basal ata a marxinal, sucédense unha serie de bandas de cor marfil e alaranxadas, a última das cales presenta unha serie de puntiños negros con bordo amarelo Dimorfismo sexual As femias son sensiblemente máis grandes que os ma­ chos e os seus tons, marelos e alaranxados danlle un aspecto máis heteroxé­ neo que os machos nos que predomina a cor laranxa Voltinismo É unha especie univoltina e de cedo que anuncia o principio da tempada no que ás bolboretas diúrnas se refire nas nosas latitudes Especies semellantes no ENIL O seu aspecto pode recordar o das especies do xénero Melitaea que xa tratamos nesta guía, mais a presenza desas ringlei­ ras de puntos das que falamos na zona submarxinal no anverso de ambos os pares de ás axudarannos a diferenciala delas con claridade HÁBITAT E PLANTAS NUTRICIAS Aparece en hábitats bastante diversos, entre os que podemos destacar os prados húmidos ou as zonas próximas a regatos, claros e marxes de bosques

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=