Guía de Bolboretas do ENIL Xunqueira de Alba

GUÍA DE bolboretas DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 57 NYMPHALIDAE ou mesmo carrasqueiras Diferentes especies de madreselva (Lonicera spp ) son as súas principais plantas nutricias COSTUMES Tras a cópula, que as femias realizan aos poucos días da súa emerxencia, o ma­ cho deposita unha sustancia que pronto solidifica e bloquea o órgano xenital da femia impedindo que volva copular con outro macho, asegurándose a pa­ ternidade en exclusiva da descendencia con esta femia Hiberna como eiruga no seu cuarto estadio Estas eirugas son gregarias e non resulta complicado localizalas en grandes grupos ao final do inverno, cando xa se suavizan as temperaturas, alimentándose na súa planta nutricia Pousa coas ás abertas ou repregadas DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA Distribuída polo norte africano e gran parte do continente europeo, chegando incluso ata a península de Corea Escasea en Italia, oeste das illas británicas e Escandinavia SITUACIÓN NO ENIL As súas poboacións no ENIL pontevedrés da Xunqueira gozan de boa saúde, sendo habitual observar individuos en voo nos prados floridos durante a pri­ mavera Páxina anterior: Macho de Euphydryas aurinia , anverso. Femia de Euphydryas aurinia , anverso. Nesta páxina: Euphydryas aurinia , reverso.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=