Historia de Lérez

185 Xaime Iglesias González Aínda que non naceu en Lérez, José Silvent Martí- nez, máis coñecido por Barriga Verde, viviu entre nós a maior parte da súa existencia. Veu ao mundo en Estremadura en 1890 252 e criouse no seo dunha familia ambulante. Seu pai, francés de Perpignan, e súa nai, murciana, posuían un espectáculo de doma e exhibición de cabalos con varietès , números cir- censes e, talvez monicreques, que circulaba daquela por terras estremeñas. Este matrimonio tivo cinco fillos. Domingo, dedicado á música, viviu en Valla- dolid, Margarita asentou no norte de Portugal cun- ha caseta de tiro e os outros tres recalaron en Gali- cia: Julia, en Ourense, Santiago, na Cruz do Pouso, concello de Neda e José, en Lérez, Sendo este adolescente acordou emanciparse, deci- sión de aparencia prematura pero nada rara nos am- bientes ambulantes. Estaba na cidade de Badaxoz e encamiñouse cara a Portugal sen sospeitar que re- mataría sendo veciño de Lérez. Despois de andar por diversas localidades do Alentexo e do Centro portugués traballando do que puido (pastor, pana- 252 Aínda que se vén dando por válida a nacenza de José Silvent en Santa Marta de los Barros (Badaxoz), en 1890, tal como figura no seu DNI, outros documentos oficiais apuntan outras datas e localidades como lugares de nacenza. 253 Os fantocheiros son os bonecreiros tradicionais portugueses. Robertos denomínanse aqueles fantocheiros que representban as escenas de Dom Roberto , monicreque-heroe dos monifates portugueses, descendente de Pulcinella da commedia dell‘arte italiana. 254 A disparidade de lugares e datas de nacemento de José convida a Anxo García, de Títeres Vilavolta de Lalín, a formular esta hipótese que, ao noso entender, amosa varias lagoas. deiro...), chegou ao Por- to onde aprendeu a téc- nica dos monicreques en contacto con fanto- cheiros e robertos 253 . Nes- ta cidade comeza a con- cibir o seu espectáculo de bonecos, cun novo heroe, un novo protago- nista, ao que lle chama- rá Barriga Verde. Con el, camiña cara ao norte e, arredor de 1910, chega a Lérez silandeiro, humilde, coa ilusión propia dun mozo duns vinte anos e cun macuto ao lombo cheo de monicreques. Viña da man de Emerenciana Fernández (veciña do lerezán lugar da Fontaíña) que se convertera na súa compa- ñeira tras namorárense nas festas de Salvaterra. Existen outras hipóteses relativas á andaina de José polas terras do país veciño. Unha indica que mar- chou desde Galicia para volver anos despois co ofi- cio de bonecreiro aprendido 254 ; outra, que era por- tugués de nacemento e que se enrolou no circo do 4 O teatro de monifates de José Silvent, Barriga Verde José Silvent, Barriga Verde.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=