Historia de Lérez

33 O MEDIEVO Adoita denominarse Idade Media o período de tempo comprendido entre os séculos V e XV. En Galicia, po- dería concretarse o seu comezo no ano 410 d.n.e co asentamento dos suevos na provincia romana da Gallaecia (bastante máis extensa que a Galicia actual), onde estableceron o primeiro reino medieval europeo, o regnum suevorum ou galliciense regnum, que foi anexionado polo reino visigodo de Toledo no ano 585. Tras a desaparición do reino toledano polo triunfo dos musulmáns no ano 771, estes dominaron gran parte da península ibérica, pero no territorio que ocuparan os suevos vai nacer unha nova monarquía chamada nas crónicas europeas e árabes Regnum Christianorum, Galliciorum Regnun, Jalikiah... As diferenzas entre os territorios deste reino dará lugar a varias secesións temporais e dúas definitivas: Portugal (1139) e Castela (1157). Daquela, configurouse o Reino de Galicia e León ata que, no ano 1230, fica vencella- do definitivamente á coroa de Castela, aínda que cada un dos reinos que a integraban mantivo as súas peculia- ridades. Durante época medieval, destacan en Lérez o mosteiro e o castelo de Cedofeita. Os mosteiros, ademais da súa función relixiosa e cultural, actuaron como verdadeiros centros reitores do territorio onde se situaban, acadan- do un papel esencial na distribución do poder e na organización social e económica da contorna. Efectivamen- te, o mosteiro de Lérez, do que nos ocupamos neste traballo, exerceu durante séculos o dominio sobre a exis- tencia da maioría dos veciños do seu couto -en esencia coincidente cos tradicionais lindes da nosa parroquia- non só no referente ás súas conciencias, senón tamén nos aspectos sociais e económicos. Os castelos tamén contribuíron ao control do territorio. Simbolizaban o dominio dos señores feudais sobre as súas posesións e, ademais de seren o seu lugar de residencia, podían servir de refuxio á poboación circundante diante de ataques inimigos. Algunhas edificacións fortificadas xustifícanse pola necesidade de facer fronte aos ataques árabes e viquingos (s. IX-XI), como é o caso das torres de San Sadurniño (Cambados), Oeste (Catoira) e, talvez, o castellum de Cedofeita en Lérez do que, a seguir, se ofrecen achegas desde diferentes ópticas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=