Observatorio Urbano de Pontevedra

9 6 O b s e r v a t o r i o U r b a n o d e P o n t e v e d r a 2 0 2 1 C O H E S I Ó N S O C I A L > C E N T R O S D E I N V E S T I G A C I Ó N > C E N T R O S D E I N V E S T I G A C I Ó N CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN  Creouse no ano 1943 baixo o nome de Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais (CREIEF) e localizouse nun principio na Granxa da Serra de Touza, enclavada na parroquia de Lourizán. O predio foi cedido pola Deputación de Pontevedra no ano 1943 para instalar o laboratorio de investigación ligado ao Instituto Forestal de Investigacións e Experiencias (IFIE). O Xardín Botánico de Lourizán foi creado no ano 1949 baixo a denominación de Arboreto cun obxectivo de investigación e experimentación e, ao mesmo tempo, cunha finalidade didáctica e recreativa. O Xardín Botánico xunto co Centro de Investigación Forestal de Lourizán sitúanse nunha finca de 52 Ha. No ano 1973 o Centro quedou integrado dentro da estrutura do Instituto Nacional de Investigación Agraria (INIA), e posteriormente no ano 1984 foi transferido finalmente á Xunta de Galicia. Na actualidade intégrase dentro Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que depende da Consellería do Medio Rural a está adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).  O CIFL ten a función de contribuír a acadar un desenvolvemento sustentable para o sector forestal de Galicia, a través da investigación científica de calidade contrastada e xurdida dunha estreita interacción con outros centros de coñecemento nese mesmo ámbito e noutros adxacentes. Mediante a investigación trata de dar resposta aos problemas do sector produtivo forestal, apoiado nunha forte colaboración entre ambos os dous . Figura 65 Centro de Investigación Forestal de Lourizán, 2015 INSTALACIÓNS: EDIFICACIÓNS: 3710 m² PREDIO: 50 ha. Laboratorios: 11 Invernadoiros: 4 Naves e outras construcións: 1690 m² Viveiros: 1 INSTALACIÓNS POR DEPARTAMENTO:  Silvicultura e Mellora forestal: 3 invernadoiros (1.530 m²); 6 laboratorios  Ecosistemas Forestais: 1 torre meteorolóxica, 1 herbario, 1 edafoteca, 1 invernadoiro (500 m²), 1 viveiro (70 m²), 1 arboreto (2 ha), 2 laboratorios  Protección Forestal: 1 túnel de vento, 1.140 parcelas experimentais, 2 concas experimentais, 3 laboratorios

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=