Pontevedra Guapa e Segura - page 5

A concesión a Pontevedra do Premio Nacional de Segu-
ridade Viaria pola xestión do tráfico amotor é un
orgullo que sinten como propio todos os ponteve-
dreses e pontevedresas, xa que sen a cidadanía a
transformación da cidade sería imposíbel.
A aposta pola civilidade urbana é rotunda e completa,
e no relativo á seguridade viaria reflíctese namá-
xima que todo o que se faga por salvar unha vida é
un diñeiro ben investido.
Nunca poderemos saber cántas vidas se salvaron en
Pontevedra na última década grazas ao uso racional
do automóbil que viñemos promovendo con serie-
dade e valentía. Non importa ese dato. O que sí im-
porta é que temos menos accidentes, os que temos
producenmenos danos ás persoas, e non se rexis-
tran víctimas mortais nas zonas urbanas.
Eso é do que nos podemos gabar. De traballar con pou-
cas palabras, discretamente, diferenciando o grau da
palla, resistindo os embites políticos dos sectores
máis reactivos, e sobre todo confiando en Ponteve-
dra, na Boa Vila e as súas xentes, que demostran
cada día un civismo envidiábel e un comportamento
exemplar.
Os resultados da reforma urbana están aí, e os múlti-
ples recoñecementos externos así o testemuñan. Se
as constantes invitacións a expoñer o exemplo de
Pontevedra en foros de España e Portugal xa nos en-
chen de satisfacción, premios como o do CERMI (en-
tidade que agrupa ás persoas con dificultades de
mobilidade do estado español) pola accesibilidade
universal; o Nacional da Cultura Galega polo proceso
de reforma urbana ou o último, o Nacional de Segu-
ridade Vial pola xestión do tráfico, confirman que
Pontevedra vai polo bo camiño, e nos estimulan a
continuar traballando nos novos retos de calidade
urbana que a capital ten por diante.
Miguel AnxoFernández Lores
AlcaldedePontevedra
Cidade
civilizada
1,2,3,4 6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,...25
Powered by FlippingBook