Pontevedra Guapa e Segura - page 7

Na última década, Pontevedra experimentou unha transformación glo-
bal, seguindo as coordenadas dunmodelo de cidade que perseguía
recuperar as chaves do dinamismo económico, a autoestima colec-
tiva e a calidade urbana.
Impulsada polo Goberno Municipal e conmoi pouca colaboración de
outras institucións, a reforma urbana consistiu básicamente en
gañar espazo público—boa parte do que ocupaban os coches con
anterioridade— renovar os servizos urbanos emellorar a imaxe de
rúas e prazas, rehabilitándoas para unha vidamáis dinámica e ac-
tual.
Nesta década, cada un dos proxectos que se estudaron e se levaron a
cabo perseguían unha cidade amábel, cómoda e agradábel; impul-
sora da accesibilidade universal e da cohesión social. Neste con-
texto de calidade, a seguridade vial é unha lóxica consecuencia dos
cambios realizados, xa que en canto o automóbil deixa de ser unha
amenaza para a actividade urbana, baixa tamén o risco para as per-
soas.
Calidade urbana e seguridade viaria son por tanto dous conceptos ir-
máns que forman parte consubstancial destemodelo de cidade que
marcou en Pontevedra o ritmo incesante da súa transformación nun
espazo vivo, dinámico, participativo, pero tamén seguro e atrac-
tivo.
As fontes teóricas das que se nutriu o proceso transformador fóron va-
rias e diversas, aplicando ideas que tamén se poñen en práctica en
moitos lugares de Europa. Concebir a cidade como centro de socia-
lización na liña do apuntado por Francesco Tonucci na súa “Cidade
dos nenos” resume ben o traballo impulsado desde o Concello. As
rúas son o centro da actividade humana, polo que había que devol-
verllas ás persoas, retirando os obstáculos que o impedían.
Omovemento pola vida independente das persoas con dificultades de
desprazamento foi tamén unha grande fonte de inspiración, da que
naceron as boas condicións de accesibilidade que hoxe presenta o
espazo público da capital, e que foi executado con exquisitomimo,
emesmo coa inspección dos usuarios que precisan de cadeira de
rodas paramoverse. Actuamos deseñando para as persoas con pio-
res condicións demobilidade, satisfacendo así a todos os demáis:
unha rampa pode ser utilizada por todos; unha escaleira só por al-
gúns.
A Carta de Aalborg, das Cidades Europeas pola Sontenibilidade, foi
outra das fontes teóricas aplicadas en Pontevedra. Asinada en
1994, conflúen nela numerosos valores de preservación do capital
natural, de cara a unha economía sostíbel e da preservación do
medio ambiente urbano como elemento básico na xestión pública
local.
A tendencia que se deu en denominar “traffic calming” supuxo así
mesmo unha gran aportación ao deseño global da cidade, insta-
lando rotondas, mellorando os pasos de peóns, o alumeado público,
dimensionandomellor as plataformas de circulación e, enmoitos
casos, mitigando a velocidade do automóbil con obstáculos que im-
piden correr.
A cidade é un todo, unha realidade única, un conxunto case infindo
de conceptos: hábitos, ruído, perigos, servizos, ocio, actividade
económica, traballo, mobilidade, vivenda, persoas maiores, nenos,
tráfico, contaminación, innovación. Nela conflúen todos e cada un
dos aspectos da vida humana, da nosa civilización.
Por tanto, as solucións que se buscan para ela non poden ser parciais
ou autónomas, pensando só nalgún aspecto. Hai que actuar global-
mente paramellorar os resultados, aproveitando as sinerxias das
distintas accións, conseguindo coherencia e facendo que a cidada-
nía percibamellor os avances que se van logrando.
A seguridade viaria recibe unha atención específica dentro deste enfo-
que e práctica global, a partires dunha actuación coordenada, ma-
siva e flexíbel. Coordenada porque se unimos todos os recursos que
temos e os encamiñamos namesma dirección, o resultado serámáis
acaído. Masivo, porque actuar en toda a cidade fomenta a cohesión
e a igualdade, ofrecemaior enerxía e visibilizamellor os resultados.
E flexíbel porque en cadamomento hai que ir avaliando e axus-
tando as decisións adoptadas, mellorándoas no posíbel e facendo
partícipes ámaioría das persoas implicadas.
A partires deses posicionamentos, existen solucións técnicas a dispo-
sición de quen as queira estudiar. O propio Ministerio de Fomento
editou as súas “Recomendacións para o proxecto e deseño do viario
urbano” ou “Calmar o tráfico: pasos para unha nova cultura damo-
bilidade urbana”, no que se recollen todas as recetas aplicadas en
Pontevedra: peonalizacións, plataformas únicas, segregación de trá-
ficos, control remoto do tráfico e outras medidas policiais, lombos
para pasos de peóns, bandas rugosas, glorietas, educación viaria,
zonas de coexistencia, zonas 20, zonas 30 e áreas de limitación da
velocidade a 30 que agora se extende a toda a área urbana... solu-
cións técnicas para todos os problemas, que só con decisión polí-
tica e equipos técnicos sensíbeis e en constante evolución, poden
levarse á práctica.
Os resultados para a seguridade viaria son xenerosos: diminución drás-
tica do número de sinistros e a súa gravidade; nengúnmorto du-
rante os 10 últimos anos nas zonas que fóron tratándose e cero
mortos en todo o ámbito urbano desde 2005.
En definitiva, Pontevedra está a converterse nunha cidade cómoda e
segura. O esforzo realizado ben paga a pena. Un esforzo sostido no
tempo, con resultados visíbeis e un furuto prometedor, que hoxe se
ve refrendado polo Premio Nacional de Seguridade Viaria, na súa
modalidade de xestión do tráfico, distinción que se une a outras
tamén relacionadas coa reforma urbana e que enchen de orgullo a
todas e todos os que habitamos esta boa vila.
de cidade
Modelo
CesáreoMosquera Lorenzo
Concelleirode Infraestruturas
1,2,3,4,5,6 8,9,10,11,12,13,14,15,16,17,...25
Powered by FlippingBook