Pontevedra, cidade amable.

11 7 DE SEPTIEMBRE DEL 2013 Metrominuto O Metrominuto, o plano peonil que especifica distancia e tempo a pé, é «unha idea simple e enxeñosa que se lle ocorreu a Pontevedra antes que a ninguén». Así o definiu o xurado do premio europeo Intermodes, que o pasado mes de febreiro recoñeceu en Bruxelas o modelo urbano de mobilidade aplicado en Pontevedra, escenificado no Metrominuto. «É unha idea fantástica e orixinal para explicar á xente que o primeiro medio de transporte en Pontevedra son os seus pés», afirmaba a presidenta de Intermodes, Nathalie Leclerc, nunha entrevista a La Voz concedida con motivo da entrega do premio na capital belga. Co espaldarazo de Intermodes e a proxección internacional do premio europeo de mobilidade, o Metrominuto xa traspasou fronteiras. O primeiro organismo público que solicitou permiso ao Concello de Pontevedra para a súa utilización foi a axencia de planeamento urbana de París, que quería reproducir o plano peonil na súa páxina web como exemplo de boas prácticas para fomentar os desprazamentos a pé. O de París foi o primeiro requerimento oficial que recibiu o Concello relacionado co Metrominuto, pero navegando un pouco en webs europeas especializadas enmobilidade e urbanismo pódese comprobar que o plano pontevedrés creou escola e que xa lle saíron sucedáneos. Concretamente, hai tres cidades nos que xa se aplicou a idea, aínda que de xeito extraoficial. Son Londres, Florencia e Jerez de la Frontera. Todos os planos corresponden a iniciativas privadas e ningún deles foi, de momento, editado polos respectivos concellos, pero aí están, a disposición dos internautas ou dos visitantes que se acheguen a calquera das tres cidades. Os seus autores teñen a delicadeza de citar nas súas respectivas webs que a súa inspiración foi o Metrominuto pontevedrés. O seguinte reto é a bici Co Metrominuto na man, o Concello quere aplicar a mesma filosofía á bicicleta, que tense posicionado coma un medio de transporte idóneo para a cidade de Pontevedra. O equipomunicipal de mobilidade traballa xa no deseño de once rutas para acceder á cidade en bicicleta. A idea é que o Metrobici abarque a municipios nun radio de 20 quilómetros. Está previsto que as rutas partan de Sanxenxo, o campo de golf de Monte Castrove, Mosteiro (Meis), Barro, o encoro do Pontillón, Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Arcade, Figueirido e Bueu. O seu deseño é laborioso. Facer as medicións de tempo, distancia e percorrido require un traballo milimétrico, xa que a maioría dos tramos non están habilitados para percorrelos en bicicleta e existen varias alternativas para trazalo. O Me t rob i c i incluirá a distancia dende cada punto, e unha estimación do tempo empregado en bici. POR SERXIO BARRAL O Concello de Pontevedra traballa xa na creación do Metrobici Oplanopeonil dacidade, premioIntermodesdaUE, xa tencopiasnoutras cidades PEONIL O METROMINUTO (á esquerda) é un invento dos departamentos de comunicación e de mobilidde do Concello de Pontevedra, realizado en colaboración coa Policía Local. A proposta triunfou claramente fora de Pontevedra, e tense convertido na imaxe da cidade nos foros internaciaonais sobre mobilidade. INSPIRACIÓN O plano peonil inspirou xa varias «copias». De arriba abaixo, as de Florencia, Londres e Jerez de la Frontera

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=