En Pontevedra sementamos igualdade

O Consello Municipal da Muller foi aprobado polo Concello de Pontevedra en outubro de 2000 cos seguintes obxectivos: • Estudar e emitir informes sobre os temas que considere de interese para a muller. • Promover e dar prioridade ás iniciativas da Concellaría e doutras institucións derivadas de análises, estudos e demandas realizadas sobre temas relativos á muller. • Potenciar a coordinación entre as institucións que actúen neste eido. • Propoñer actuacións e acordos ás diversas Concellarías, á Corporación e aos Consellos municipais e cantas outras institucións incidan coas súas actuacións, ou coas súas omisións, no ámbito da muller. • Analizar as actuacións e intervencións que no ámbito da muller se produzan no municipio para darlles resposta. • Informar, debater e difundir temas sobre dereito das mulleres. • Apoiar e fomentar o asociacionismo das mulleres para acadar maior participación e solidariedade. • Velar pola aplicación do principio de igualdade nas actuacións municipais. • Participar na elaboración do Plan Municipal de Igualdade. • Propoñer actuacións para a igualdade no municipio. • Denunciar as situacións de discriminación que se produzan cara á muller. Consello Municipal da Muller O Concello de Pontevedra vén deseñando e des- envolvendo estratexias cara á loita a prol da igual- dade dende os últimos anos, materializándose en distintos recursos específicos como a Concellaría de Igualdade, o Centro de Información á Muller (CIM) ou os plans de igualdade. O Concello acaba de aprobar o seu cuarto Plan de Políticas de Xénero. É a folla de ruta que marcará as pautas de traballo en materia de igualdade, e polo tanto xustiza social, durante os vindeiros anos. O Consello da Muller Nova pretende ser un anexo ao Consello da Muller, que é o órgano de partici- pación dos colectivos de mulleres no ámbito local, e organismo de representación destes colectivos no Concello. Entre os obxectivos do Consello da Muller Nova están: • Involucrar a mocidade pontevedresa no desenvol- vemento de mecanismos de participación cidadá no ámbito da igualdade. • Concienciar e sensibilizar sobre a importancia da loita pola destrución das desigualdades entre ho- mes e mulleres. • Xerar debate e crear opinión entre os rapaces e ra- pazas adolescentes cunha perspectiva de xénero. Plan de Igualdade Consello da Muller Nova

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=