María Victoria Moreno - roteiro

39 1979 Catedrática de Instituto con destino en Ribadavia. Pide a excedencia. Inícianse os traballos para a elaboración do anteproxecto do Estatuto de Autonomía. Anos antes, en 1977, comezara o proceso autonómico e as manifestacións de protesta pola lentitude do proxecto. 1983 Sara Márquez, súa nai, vai vivir con María Victoria. Apróbase a Lei de normalización lingüística. Dous anos antes (1981) aprobárase o Estatuto de Autonomía. 1986 Reingresa como catedrática no instituto de Vilalonga (Sanxenxo). Goberno de Xerardo Fernández Albor na Xunta de Galicia. Bota a andar a Revista Galega de Educación. Un ano antes nacía a Compañía de Radio Televisión de Galicia. 1987 Vai na lista electoral do PSG por Pontevedra. En setembro dese ano González Laxe preside a Xunta de Galicia. A dirección de RTVE limita a programación do centro territorial galego a 2 horas. 1990 Docencia no Instituto Mixto número 5 (Torrente Ballester) de Pontevedra. Manuel Fraga preside a Xunta de Galicia ata xuño de 2005. 1997 Diagnostícanlle o cancro de mama. O ano anterior falecera o seu compañeiro. Eleccións ao Parlamento de Galicia con maioría de M. Fraga. 2002 Homenaxe dos compañeiros do instituto Torrente Ballester no que se xubila. Marea negra do Prestige. 2005 Morre o 22 de novembro (un ano antes comunícanlle a extensión da doenza). Emilio Pérez Touriño é investido presidente da Xunta.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=