PRIMEIRO A CIDADE

PRIMEIRO, A CIDADE. A MOBILIDADE EN PONTEVEDRA 1999-2019 Os autores do estudo consideran que os resultados están limitados a servizos de emerxencias de municipios con poboación inferior a 100.000 habitantes, posto que as condicións de tráfico son similares ás estudadas, e onde as medidas de moderación sexan pasos peonís elevados e lombos transversais. Para concluír lémbrase que nos diversos manuais se recomenda: • Facer unha condución suave e o máis constante posíbel, elixindo as rutas co terreo adecuado. • Non efectuar aceleracións e desaceleracións forzadas e circular mantendo unha distancia prudencial que permita non frear bruscamente ante calquera acción do vehículo que preceda á unidade. • Realizar a desaceleración (freada) de forma pausada e sen efectuar unha redución brusca. • As curvas, xiros e manobras realizaranse o máis devagar posíbel, e coa maior amplitude de trazado posíbel. • Elixir unha ruta que presente a menor intensidade de tráfico e unha mellor calidade do asfaltado. Ás veces iso supón aumentar a distancia que se ten que percorrer. Adecuarase a velocidade ao estado da calzada ou da vía. 222 Non condicionado (22:00-7:00 horas) Condicións de fluxo de tráfico Demora unitaria media (s) Emerxencia sen paciente 1,4 Emerxencia con paciente 3,7 Condicionado (7:00-22:00 horas) Emerxencia sen paciente 1,0 Emerxencia con paciente 4,1 Non emerxencia 4,3

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=