Inicio Benvid@s a Saltóns Club!

Benvid@s a Saltóns Club!

Que é?

Saltóns Club é un programa de dinamización de parques e xardíns promovido pola Concellería de Medio Natural do Concello de Pontevedra.

Pero… a ver, isto como vai?

Únete ao club e poderás desfrutar dunha morea de actividades relacionadas coa arte, a música, o teatro, a actividade física e os xogos en pandilla!!

Todo isto ao aire libre, na natureza e na contorna dos marabillosos parques e xardíns de Pontevedra.

Ademais de actividades para vós, a cativada, tamén haberá unha oferta de entretemento para as vosas familias.

E aínda hai máis! Teremos merenda para @s primeir@s 40 inscritos nas xornadas!

Non o penses máis! Queres formar parte de Saltóns Club?

Ir a solicitude de participación

Descarga aquí a
Unidade Didáctica de Saltóns

unidade didáctica de saltóns - portada

Se tes calquera dúbida ou consulta, contacta en saltonsclub@gmail.com

Séguenos no

Facebook