Inicio Sube ao palco

Sube ao palco

Sube ao Palco é un proxecto para dar visibilidade ao talento á vez que se recupera o uso don espazo aparcado durante anos: o Palco da Música.

Música, teatro, danza, artes plásticas, audiovisuais, poesía, performance, moda, … Quen queira poñer a proba o seu proxecto poderá solicitar a súa participación que, para obter máis visibilidade e dispoñer de medios técnicos, será incluida dentro do programa.

Seguimos a crer con forza na efervescencia creativa da nosa cidade, sabemos que é un gran valor que nos identifica e queremos que todas e todos teñan a posibilidade de gozar dela.

Se tes entre 12 e 35 anos e un proxecto creativo, podes participar inscribindo o teu proxecto dende o luns 12 de marzo ata o venres 13 de abril de 2018.

Non o deixes para o último día e preséntate para a cidade podia gozar da túa arte!

“ATENCIÓN, esta actividade cubríu o cupo de inscricións na web”.

O TEMPO

Pontevedra, ES
overcast clouds
15.2 ° C
16.7 °
14.5 °
96 %
6.3kmh
100 %
Xov
15 °
Ven
16 °
Sáb
16 °
Dom
20 °
Lun
22 °