SUPERA logo BCO

PENSAR NA ECONOMIA

AXUDAS SUPERA 21

A crise económica provocada pola pandemia COVID-19 está a castigar o tecido económico e produtivo de todos os municipios, en especial as actividades desenvolvidas polas pequenas empresas do sector comercial e de servizos con atención directa ao público que, primeiro, tiveron que pechar a súa actividade e, despois, intentar recuperala nunhas condicións moi limitativas e coas necesarias restricións para evitar a propagación do virus.

O Concello de Pontevedra non é distinto aos demais, así que proximamente volverá a facer unha nova convocatoria das axudas SUPERA, ao igual que fixo en 2020.

Trátase dunha partida de 1,3 millóns de euros que tratará de axustarse o máximo posíbel ás necesidades reais dos comercios e autónomos locais. Para iso, o Concello está a manter entrevistas con representantes de todos os sectores afectados: Zona Monumental, Asociación do comercio local, hostalería, taxistas, axencias de viaxes, perruquerías… tratando de axustar as axudas ás peticións e necesidades perentorias dos sectores.

SUPERA continuará na mesma liña que en 2020: financiar cun anticipo do 100%, os investimentos para a modernización, dixitalización, publicidade e comunicación, acondicionamento de locais, materiais de servizo a domicilio…

O Concello está a traballar nestas bases que se darán a coñecer nas vindeiras semanas.

PLATAFORMA E-PONTE

Plataforma de venta online para mercar no comercio local de Pontevedra cun apartado propio para a Praza de Abastos de Pontevedra.

CAMPAÑAS DE
POTENCIACIÓN DO COMERCIO

Campañas de potenciación do comercio: San Valentín, Primavera e verán, Volta ao cole, Nadal... facendo especial fincapé en campañas de bonos para o consumo no comercio local. Escaparatismo, pasarelas de moda e dinamización nas rúas (axudando tamén ao desenvolvemento da actividade das empresas de dinamización, e culturais ...)

SUPERA logo BCO
Concello logo BCO
Efecto PO2 logo BCO
X