Inicio Supercantos

Supercantos

Supercantos é un evento que nace das ganas de cantar. Por iso organizamos un sistema de ensaios (4 sesións en 3 lugares distintos, en total 7 ensaios), para rematar o día 9 de agosto nun gran canto colectivo e masivo e itinerante por 4 prazas do centro histórico.

Non é preciso ter unha voz especialmente dotada para o canto, servemos todas e todos.

As datas dos ensaios son as seguintes:

  • No Teleclub de Santo André de Xeve os días 9 de maio, 13 de xuño e 18 de xullo.
  • No Local Social do Gorgullón os días 20 de maio, 24 de xuño e 29 de xullo.
  • Na Casa Verde de Salcedo ensaio xeral o día 1 de agosto.

HORARIO: nos tres centros os ensaios serán de 20:30 a 22 h.

Anótate e participa nesta experiencia única!!

Máis información:

Chamando ao número 986 804 300 Ext. 7107

Formulario de inscrición

O TEMPO

Pontevedra, ES
clear sky
14.5 ° C
17.1 °
14.5 °
47 %
0.9kmh
9 %
Mér
13 °
Xov
15 °
Ven
16 °
Sáb
16 °
Dom
18 °