Vortex: música, emprendemento e promoción da cidade

9

Música -como industria cultural- e promoción da cidade van da man no proxecto Vortex, que ten a súa orixe no traballo realizado por este grupo de metal alternativo no Local de Música de Pontevedra. A piques de rematar a gravación dos seu segundo CD, Vortex vai un paso máis alá e fai da música o seu modo de vida e un instrumento de visibilización e promoción do seu traballo e de Pontevedra. Neste senso conta coa colaboración das concellerías de Promoción da Cidade e Xuventude.

Jacobo Sainz (guitarra y voz), Marcos Rodríguez (guitarra), Víctor García (bajo y coros) y Jonathan Portela (batería) forman Vortex, a banda nacida no ano 2011 e que agora loita por ser profesional. A creatividade, a innovación e a orixinalidade guían o seu traballo o que amosarán no proxecto promocional do seu segundo CD que ten o seguinte calendario:

Venres 26 de agosto. Geocatchig (duración unha semana)
Día 2 de setembro. Apertura prazo inscrición para o concurso de fotografía Día 10 de setembro. Concurso fotografía
Final de ano. Presentación do seu novo disco

Geocaching

Geocaching é a actividade de agachar e atopar “tesouros” en calquera sitio. Aproveitando este concepto, ofrécese un proxecto innovador que engloba á cidade de Pontevedra, o concepto de “MetroMinuto”, a promoción de Vortex e do seu novo disco e actividade continua nas redes sociais

Consistirá en agachar 25 discos do primeiro álbum de Vortex, “Confessions”, en lugares estratéxicos do “MetroMinuto”. As persoas que os atopen, se se sacan unha foto no lugar da cidade en cuestión e o suben a calquera red social etiquetando á banda e co hashtag #GeoVortex, gañaran unha camiseta exclusiva de “Confessions” e entrarán no sorteo de 10 copias físicas do novo álbum.

Ao comezo da actividade daranse pistas a través das distintas redes sociais tanto da banda, como da cidade. Isto obriga aos interesados a seguir ás partes implicadas gañando adeptos e podendo aproveitar o “hype” para facer outro tipo de anuncios.

Concurso de Fotografía Vortex

Trátase de fotografar á banda en lugares emblemáticos da cidade, seguindo un roteiro e con diferentes posicións. Os/as concursantes terán liberdade artística para sacar a foto, cumrpindo só dous requisitos: Que saian os catro integrantes da banda e que se vexa a paisaxe da cidade.

Cada concursante escollerá 2 fotografías finais, que se subirán á páxina de Facebook de Vortex. As 5 fotografías con máis “Gústame” serán as finalistas, de elas sairá a gañadora que será escollida por un xurado formado por representantes das partes implicadas e fotógrafos/as profesionais que non participaran no concurso.

A persoa gañadora obterá un pack de productos da banda, unha exposición durante a presentación do disco na Casa da Luz e o uso da fotografía para toda a promoción do disco.

A inscrición, e o envío de fotografía realizarase a través do correo da banda (vortexpontevedra@gmail.com)

Videoclip 360º

Farase un videoclip do single do disco en formato 360o, o cal se publicitará por infinidade de medios e webs, como promoción turística da cidade.

Este formato de videoclip tamén é pioneiro, e de novo aproveitando paisaxes da cidade para realizalo.

Presentación del disco en formato VR

O disco presentarase de maneira oficial na Casa da Luz como empresa participante do “Pontevedra ten un Puntazo”. co fin de facer ver o éxito da xestión e formación das bandas con Vortex como referente.

A novidade será que os/as asistentes poderán visualizar e escoitar o videoclip do single do novo disco acompañados dunha experiencia VR a través dunhas gafas de realidade virtual.