O Salón do Libro estrea web e un clube de lectura con libreiros, xornalistas e docentes

18

 

  • www.salondolibro.gal conta con apartados como Premio de Ilustración, a formación, o país convidado, etc. e estará dispoñible en inglés e castelán nos próximos días.
  • A primeira       cita do clube de lectura , sobre a obra ‘Corredora’ de María Rimóndez, será o vindeiro xoves 2 ás 21:30 nunha cena /encontro coa autora no restaurante Santa Clara

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá a nova web de ‘O Salón’ que contará a partir de agora tamén cunha nova imaxe máis moderna e adaptada aos tempos. Tal e como comentou Carme, adaptada aos temos e ao proceso da internacionalización que está a vivir o ata agora denominado Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Consecuencia deste “acabamos de crear un club de lectura con mediadores/as do mundo da lectura, formado por 12 persoas entre as que se atopan libreiros/as, bibliotecarios/as, docentes e xornalistas da cidade. A nosa intención é crear unha rede na cidade que teña continuidade e percorrido, e que chegue a funcionar case dun xeito automático. O título que xa a está a ler o clube é ‘Corredora’ de María Reimóndez, e o encontro/cea coa autora será o vindeiro xoves 2 ás 21:30 horas no Restaurante Santa Clara. A principal peculiaridade é que son público adulto lendo e comentando literatura destinada nun comezo a público xuvenil, pero é literatura de altísimo nivel e perfectamente válida para adultos”.

Sobre a nova web, que contará cun dominio propio .gal a intención é que “sexa un escaparate ao mundo do que é O Salón e que se convirta tamén nun centro de recursos para os centros escolares. Contará cun apartado de TeleSalón, Podcasting e Clubes de lectura que se irán enchendo co contido que produzan os centros logo de asistir se así o desexan aos 3 cursos formativos que se impartirán en novemebro, 2 deles a través do apartado de Audiovisuais da Universidade (TeleSalón e Podcasting)”. A concelleia de Cultura destacou tamén a importancia de atraer nova estructuras e organismo ao engranaxe do Salón, tales como a Universidade, logo de 19 anos dunha potente traxectoria. O resto dos apartados da web están destinados ao Concurso Internacional de Ilustración que xa está a recibir boas propostas, á vindeira edición “Mulleres de conto”, ao país convidado, que será México, ás anteriores edicións do Salón e a facilitar aos centros unha bibliografía, realizada por Gálix, que permita traballar entorno ao tema deste ano.

COMPARTIR