Pontevedra pola diversidade sexual

167
  • Pinto e Maragota, unha nova liña de traballo municipal para favorecer a vida en igualdade do colectivo LGTBIQ+ , a súa visibilización e promover a empatía social
  • A xornada A diversidade sexual nas aulas. Materia pendente? marcará o pistoletazo de saída o 19 de xaneiro no Pazo da Cultura
  • O programa dirixido pola Concellería de Igualdade inclúe accións formativas, de lecer, obradoiros, a creación dun Observatorio LBTIQ+, etc.
  • A atención á demanda de persoas LGTBIQ+ e a formación á Policía Local para o tratamento da diversidade sexual teñen cabida no programada

O Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Igualdade que dirixe Carme Fouces, pon en marcha unha nova liña de traballo básica e estratéxica, que atravesará a acción municipal en todos os eidos, co fin de empurrar cara o derrube do patriarcado; favorecer a vida en igualdade das persoas lesbianas, gais transexuais e doutros colectivos respectando a súa diversidade sexual e de xénero; promover, defender e garantir os dereitos do colectivo LGTBIQ+ ; favorecer a súa visibilización e promover a empatía de todos os pontevedreses e pontevedresas coa diversidade.

Cando “estamos a vivir un rearme do sistema patriarcal que están tentando varrer e combater os avances do feminismo -que hoxe en día non se entende sen a diversidade de raza, de xénero ou de sexo-“ e hai que “responder e dar a cara”, reflexiona a concelleira de Igualdade. Carme Fouces presentou o programa Pinto e Maragota pola diversidade sexual, cuxo pistoletazo de saída vai a ser a xornada “A diversidade sexual nas aulas. Materia pendente?” que terá lugar o sábado 19 de xaneiro no Pazo da Cultura.

Pinto e Maragota vai máis alá do que se entende por un programa municipal. Inclúe accións formativas, de visibilización, de lecer (vermú-faladoiros, clubs de lectura, cinefórum,..) e obradoiros e tamén atención baixo demanda de persoas de colectivo LGTBIQ+ e familias; apoio á formación da Policía Local para atención da diversidade sexual e fronte a LGTBIQfobia; a posta en marcha dun Observatorio LGTBIQ+, etc. Haberá accións xerais, dirixidas a toda a veciñanza e tamén accións específicas nos centros educativos e no rural. Ademais Pinto e Maragota contará cunha web – www.pintoemaragota.gal- e redes propias (facebook e instagram).

Pontevedra é unha cidade “tolerante, respectuosa e acolledora” lembrou a concelleira Carme Fouces quen non dubida da boa acollida da proposta.

Xornada de Formacion Diversidade Sexual Pontevedra