Chega Ben veñas, Maio

345
  • Unha mostra de teatro escolar e seis certames de creación forman parte do programa, dirixido ao alumnado de Secundaria 
  • Os interesados teñen até o 23 de abril para presentar as propostas en: Banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía, curtametraxe e videoclip musical
  • O certame musical reformúlase en certame de videoclip musical
  • Concello e ENL dos institutos públicos van da man nun programa a prol do uso do galego entre a mocidade, a través das artes

Chega unha nova edición de Ben veñas, Maio!, o programa que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización (ENL) dos institutos de Pontevedra co fin de promover o uso do galego entre a mocidade, a través das artes.  Unha mostra de teatro escolar e seis certames de creación  forman o programa, que este ano introduce a categoría de videoclip musical, froito da reformulación do certame musical. As aoutras categorías son: Banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía e curtametraxe.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou a nova cita de Ben veñas, Maio xunto co coordinador do programa e do ENL do IES Valle Inclán, Francisco Suárez. A iniciativa, lembraron, ten como obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da nosa lingua.

Ben veñas, Maio! vai dirixido ao alumnado de ESO, ciclos formativos e bacherelato dos centros públicos de Pontevedra. Os interesados en participara nalgún ou en varios dos certames teñen de prazo até o 23 de abril para presentar as súas creacións.

O anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse nunha gala ao remate da mostra de teatro “Ben veñas, maio” o xoves 9 de maio de 2019. 

Descargar logo Concello aquí