Dora “a desbrozadora”, eixo da campaña gráfica do 8 de Marzo do Concello

225
  • ‣  Luís Davila anima a “desbrozar” o machismo da man desta muller “loitadora, valente e pouco impresionable”
  • ‣  Comeza a distribución do cartaz e repartiranse chapas coa imaxe da campaña antes da mobilización do 8 de Marzo
  • ‣  Dora e unha fouciña transformada en símbolo feminista, eixos da campaña

Unha loitadora e valente Dora “a desbrozadora” e unha fouciña transformada en símbolo feminista son as iconas arredor da que xira a campaña gráfica do 8 de Marzo do Concello de Pontevedra que hoxe foi presentada pola concelleira de Igualdade, Carme Fouces xunto co debuxante Luís Davila, autor do cartaz, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Rosa Campos.

Carme Fouces agradeceu a colaboración de Luís Davila a quen definiu como “unha das persoas que ten máis pillado o enfoque feminista desde a perspectiva galega”. “Foi capaz de meterse na cabeza de moitas mulleres galegas de toda a vida, de sempre….as que nos identifican, as que nos precederon”, explicou a concelleira de Igualdade.

Fouces amosou, ademais, a súa satisfacción polo troque da fouciña galega nun símbolo feminista.

Luís Davila definiu a súa Dora “a desbrozadora” como “unha muller loitadora, valente, pouco impresionable” e que non dubida en desbrozar a inxustiza e cortar de raíz as silveiras do machismo. O debuxante confía nun 8-M cheo de doras ocupando as rúas, protagonistas dunha xornada festiva e reivindicativa, a prol da igualdade real.

Hoxe comezou a distribución dos cartaces pola cidade co fin de facer un chamamento á participación no 8-M e contribuír a concienciar a prol da loita da igualdade. Ademais, a imaxe de Dora “a desbrozadora” tamén vai a ser usada en chapas co lema “Moza!! Fai coma min e desbroza. As chapas estarán a disposición da xente na praza da Ferrería antes do inicio da mobilización do día 8

COMPARTIR