A Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde distribuirá carteis informativos coas medidas de prevención específicas que rexen en diferentes espazos e instalacións públicas e privadas

566
  • A iniciativa do departamento que dirixe o tenente de alcalde, Tino Fernández, busca paliar a falta de transparencia e a desinformación á que Xunta someteu á cidadanía pontevedresa

Ante a falta de transparencia e a desinformación á que a Xunta someteu ao conxunto da cidadanía pontevedresa, a Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde decidiu elaborar e difundir unha serie de carteis informativos nos que se explican as medidas de prevención específicas que rexen en diferentes espazos e instalacións públicas e privadas: centros cívicos e sociais, parques infantís, eventos, espazos culturais (bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, cines, teatros…), hostalería e restauración, comercios e establecementos de prestación de servizos, academias, autoescolas, mercados en vía pública, actividades e instalacións deportivas, velorios e enterros, vodas e lugares de culto. Os carteis, nos que se invoca o lema de ‘Sentidiño!’ (da plataforma #PonteLovers), serán distribuídos nalgúns destes espazos municipais e actividades, como o Gastroespazo do Mercado de Abastos, os mercadillos ambulantes, o Pavillón dos Deportes e as instalacións deportivas, os centros cívicos, os parques infantís e diversos establecementos comerciais e de hostalería.

Estas son as principais medidas implementadas: