Inicio Áreas Protocolo e Comunicación

Protocolo e Comunicación

O departamento de Protocolo e Comunicación están incluídas dentro da Alcaldía que canaliza as cuestións relacionadas co protocolo institucional e a comunicación municipal. Ademáis da organización de eventos, actos públicos e formais, encárgase da publicidade institucional, a comunicación corporativa, as relacións cos medios de comunicación social e esta web municipal.

As vodas no Concello de Pontevedra

A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, concede a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleiro ou concelleira en quen delegue, conforme ás ausencias do Alcalde.

Pódese elixir día e hora chamando ao número de teléfono 986 100 185 Ext: 7102, ou ben acudindo ao Gabinete de Alcaldía do Concello durante a semana en horario laboral. A data reservarase durante tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude, a reserva quedará sen efecto.

A solicitude coa documentación necesaria deberá presentarse polo menos 10 días antes da voda.

As cerimonias teñen unha duración aproximada de 15 a 20 minutos e realizaranse no salón vermello do Pazo de Mugartegui os venres pola tarde e sábados. Con carácter excepcional as vodas que se celebren durante a semana, fanse na Alcaldía ou na Sala de Comisións do Concello, na rúa Michelena, 30.

Fotografías do Pazo de Mugartegui

Podes casar:

  • Calquera día laborable de 8.00 a 14.30 horas
  • Os venres pola tarde de 18.00 a 20.00 horas
  • O sábados de 11.30 a 14.00 horas e de 18:00 a 20.00 horas.
  • Non se celebrarán vodas nin os domingos nin os festivos.

Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 100 185 Ext.: 7102 para indicar:

  • Número aproximado de asistentes á cerimonia.
  • Música: poderán contratar pola súa conta música en directo ou traer un equipo de música
  • Adornos florais: poderán adornar persoalmente ou a través dunha floraría.
  • Horarios para adornos: colocaranse 30 minutos antes do comezo da cerimonia e retiraranse ao finalizar a cerimonia. De haber outra voda antes o tempo para adornar reducirase a 15 minutos.
  • Aneis : non son obrigatorios pero débese indicar si se levan ou non.
  • Vehículos: durante o tempo da cerimonia poderán aparcar dous vehículos na Praza da Pedreira, diante do Pazo. Informarase con antelación (unha semana) á Policía Local da matrícula daqueles.

Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Pontevedra non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:

  • Tramitar a solicitude no Rexistro Civil do concello no que estean empadroados os contraíntes, encargado de autorizar ao noso Concello para a celebración da voda.
  • O Rexistro Civil de Pontevedra expedirá o documento denominado Relación de datos de matrimonio civil.

O Enderezo do Rexistro Civil de Pontevedra é:
Rúa Francisco Tomás y Valiente, s/n; 36004 Pontevedra
Teléfono: 986 805 767

  • Presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:
    • Solicitude de casamento.
    • Documento acreditativo do pago da taxa correspondente ( 81,73 €).
    • Fotocopia do DNI dos contraentes.
    • Fotocopia do DNI de dúas testemuñas maiores de idade que deberán estar presentes na cerimonia.
    • Relación de datos de matrimonio civil, expedida polo Rexistro Civil.

Solicitude de Casamento
Autorización para estacionamento de vehículo na voda

Cerimonia de bebés

Ante a demanda expresada por unha parte da cidadanía, o Concello decidiu celebrar este tipo de eventos, como actos públicos de recoñecemento a novos cidadáns e cidadás.

Moitas persoas desexan celebrar un acto de testemuña pública do nacemento dun novo membro das súas familias, a través dunha cerimonia de benchegada á cidadanía, polo que se planificaron todos os detalles para acometer este tipo de eventos coa dignidade e a formalidade necesarias para que resulten un acontecemento memorábel.

As cerimonias son colectivas, mensuais, programadas e organizadas segundo un protocolo elaborado expresamente con esta finalidade.

Podese elexir o mes da celebración chamando o teléfono 986 100 185 Ext.: 7102, ou ben acudindo ao Gabinete de Alcadía do Concello en horario laboral durante a semana.

Celebraranse no Pazo de Mugartegui os sábados pola mañá.

Fotografías do Pazo de Mugartegui

  • Cubrir a solicitude de celebración
  • Unha fotocopia do Libro de Familia

Imaxe corporativa do Concello de Pontevedra

No seguinte enlace podes ver e descargar os logotipos oficiais do Concello de Pontevedra, así como os logotipos dos distintos departamentos do Concello.

Galería de imaxe corporativa

Edificio do Concello de Pontevedra

Dirección: Rúa Michelena, 30 – 36001 Pontevedra.

Horario de atención ao público:

  • De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.
  • Verán e nadal (de 16 de xuño a 15 de setembro e de 24 de decembro a 6 de xaneiro): de 9:00 a 13:00 horas.

Alcaldía

Telf.: 986 804 302 – Ext. 7101
alcaldia@pontevedra.eu
alcaldia1@pontevedra.eu
Gabinete de comunicación

Telf.: 986 804 302 – Ext. 7108/09
comunicacion@pontevedra.eu
comunicacion2@pontevedra.eu
comunicacion3@pontevedra.eu
Protocolo-Vodas

Telf.: 986 804 302 – Ext. 7102
protocolo@pontevedra.eu
protocolo2@pontevedra.eu
Visita virtualEdificio administrativo do Concello de Pontevedra

X