Inicio Áreas Urbanismo Planeamento urbanístico

Planeamento urbanístico

Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Pontevedra

O Plan xeral de Ordenación Urbana (PXOU) é o instrumento urbanístico de ordenación integral do termo municipal; norma xurídica de obrigado cumprimento para cidadanía e administración que clasifica o solo para o establecemento do réxime xurídico correspondente que determina os usos admisibles, define os elementos fundamentais da estructura xeral adoptada para a ordenación urbanística do territorio e planifica as accións orientadas ao crecemento do Concello.