Inicio Bono Pontevedra Culturgal 2020

Bono Pontevedra Culturgal 2020

Imaxe Culturgal Pontevedra 2020

Como iniciativa para apoiar as estructuras culturais consolidadas que se viron prexudicadas pola pandemia e a situación derivada da mesma, o Concello de Pontevedra a través de Concellaría de Cultura dirixida por Carme Fouces, facilitará a presenza de 8 empresas da cidade no Culturgal, poñendo á súa disposición 8 stands de 2×2 metros co Bono Pontevedra Culturgal 2020.

A adxudicación dos mesmos farase baixo os requisitos de obrigado cumprimento e criterios baremables detallados máis abaixo.

A convocatoria vai dirixida a entidades privadas e profesionais das industrias culturais adicados ben á producción, distribución ou difusión dentro do ámbito editorial, artístico, musical, do teatro ou a danza, a producción audiovisual ou multimedia, o deseño e a comunicación, etc. en galego. Quedarían fóra da participación os organismos públicos, entidades con participación pública e asociación non profesionais.

Requisitos de obrigado cumprimento

  1. Ter domicilio social en Pontevedra
  2. Ser iniciativa do ámbito cultural

Criterios baremables

  1. Innovación

Cada proxecto o acción innovadora acreditada, suporá 1 punto ata un máximo de 5.

  1. Traxectoria

Dentro deste apartado teranse en conta os premios/recoñecementos obtidos pola empresa ou algún dos seus proxectos, a atención á perspectiva de xénero, etc.

Outorgarase 1 punto por premio ata un máximo de 5.

Cómo participar?

O procedemento da presentación das candidaturas será mediante envío deste formulario debidamente cumprimentado ata o 3 de novembro.

Importante

As empresas ou proxectos preseleccionados, terán que presentar documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos e méritos declarados no enderezo coordinacion@pazodacultura.org e á solicitude da administración antes do 10 de novembro.

X