Inicio Pontevédrate Breviario turí­stico

Breviario turí­stico

Esta paxina conten unhas breves informacions sobre algúns pontos de interés turístico e cultural da cidade.

 

Para máis información:

www.visit-pontevedra.com

www.terrasdepontevedra.org

turismoriasbaixas.com

www.turgalicia.es

[sections collapse=”always”]
[section title=”Santuario da Peregrina”]
Construída a partir de 1778, trátase dunha das edificacións máis simbólicas e relevantes da cidade; está dedicada á Virxe que, segundo a tradición, guiaba aos peregrinos desde Baiona a Compostela. A capela acolle a imaxe da Virxe da Peregrina (s. XIX), patroa da provincia de Pontevedra e, á súa vez, do Camiño Portugués. Declarada monumento histórico-artístico en 1982, mestura un barroco tardío con formas neoclásicas, coma o seu retablo maior, erixido en 1789. A forma da súa planta está inspirada nunha cuncha de vieira, símbolo por antonomasia dos peregrinos, con remate en cruz. Esta forma circular asóciase á tipoloxía imperante nos templos portugueses do momento. O seu exterior restaurouse íntegramente en 2008.

20110905010903_dsc_9791

20110905010907_dsc0059720110908020901__aa39512a

20110908020919_img_0842
[/section]
[section title=”Praza da Ferraría”]
A máis emblemática das prazas da cidade recibe o seu nome das forxas que existían nos seus soportais. Esta fúndese coa praza de Ourense, a praza da Estrela e cos xardíns de Casto Sampedro para formar un grande espazo urbano de paseo e lecer. No medio destes últimos érguese, seguindo o modelo de chafariz portugués, a afamada Fonte da Ferrería (s. XVI). Foi reconstruída en 1930 neste lugar tras ser retirada do centro da praza no século XIX. Igualmente cómpre destacar a casa renacentista coñecida como a Casa das Caras ou Casa dos Barbeitos, que destaca polas numerosas esculturas con forma de cara que ten ao longo da fachada sur. Todo este conxunto atópase presidido pola Igrexa de San Francisco e pola construción anexa que ocupa a Delegación de Facenda, un edificio levantado no ano 1800 e que ten na entrada a porta de San Domingo da antiga muralla medieval.

20110905080942__gv1693220110905110901__gg1584720110905110918_dsc_4039imagenes__GV28301_2c150d26
[/section]
[section title=”Xardíns de Casto Sampedro”]
Diante das escaleiras do Convento de San Francisco encóntranse estes xardíns de roseiras e camelias sobre os que se alza unha preciosa fonte do século XVI construída por Domingos Fernández e João Lópes; e que sigue, por acordo do Concello, as características do chafariz principal da praza da localidade portuguesa de Caminha. A fonte foi substituída por outra máis modesta a mediados do século XIX, ata que en 1930 volveu á praza da Ferrería despois de ser restaurada baixo a dirección do arquitecto Salgado, traballo para o que contou coa colaboración de varios artistas, entre eles Castelao.

20110908020900__aa35945
[/section]
[section title=”Igrexa de San Francisco”]
Construída case na súa totalidade no século XIV, esta igrexa conventual dos franciscanos é unha obra mestra da arte das ordes mendicantes que chegaron á cidade na época do seu primeiro esplendor. Foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. No seu interior, hai que destacar, no cruceiro e á esquerda do altar maior, a sepultura de Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, así como a de dous matrimonios de familias nobres, que se cre son de finais do século XIII ou principios do século XIV. Tamén cómpre mencionar a imaxe do Nazareno (talla do século XIX) e as pinturas murais situadas na parte lateral esquerda pertencentes aos séculos XVI e XVIII.

imagenes__GV28301_2c150d26
[/section]
[section title=”Soportais da Ferraría”]
É esta unha das principais rúas do comercio tradicional, hoxe con máis pulo que nunca. Aquí o noso traxecto coincide co da vía romana XIX e co do Camiño Portugués de peregrinaxe a Santiago, que se sinaliza mediante unhas orixinais insercións de luz no pavimento. Comunica a antiga Porta de Trabancas, na praza da Peregrina, coa Ferraría e a praza de Curros Enríquez, conformando unha pequena pero sempre animada rúa.

imagenes_SOPORTALES-3_0e859373
[/section]
[section title=”Praza de Curros Enríquez”]
Debe o seu nome ao afamado escritor ourensán, o gran poeta civil do Rexurdimento. Nesta praza atopamos o monumento a Alexandre Bóveda que, xunto con Castelao, foi un dos fundadores do Partido Galeguista en Pontevedra. Tamén destaca neste lugar unha fonte de ferro fundido que foi construída no século XIX e restaurada recentemente. É centro dunha importante vida social e comercial. A sede do Casino Mercantil e Industrial imprímelle un estilo decimonónico.

20110906120957__gg15869-copia-2
[/section]
[section title=”Praza da Verdura”]
Esta praza presenta con respecto a outras de Pontevedra que tamén tomaron o seu nome do comercio que nelas se desenvolvía, presenta a peculiaridade de conservar o seu tradicional mercado de verduras que antigamente foi tamén de castañas e froitas. Este mercado celébrase todas as mañás excepto os domingos e festivos. No século XIX instalouse unha fábrica de luz, e converteuse así Pontevedra nunha das primeiras cidades españolas en contar con este servizo (1888). Os edificios que rodean esta praza destacan polos seus soportais con antigos locais de tabernas típicas. Atopamos, ademais, unha fonte igual á existente na praza de Curros Enríquez.

20110905080924__gv1539220110905110928_hpim1005-copiaimagenes__GV28310_fb0a3f78
[/section]
[section title=”Igrexa de San Bartolomeu”]
Edificada entre 1696 e 1714, esta igrexa xesuíta de estilo barroco segue as pautas estilísticas triunfantes en Roma nese momento. No seu interior atesoura un extraordinario conxunto de retablos e esculturas, atribuídas a artistas da envergadura de Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo ou Bieito Silveira, entre outros das escolas compostelá e castelá. Cómpre destacar a imaxe da Virxe do O, partroa da cidade, así como a imaxe da Magdalena. O edificio contiguo, coñecido como Edificio Sarmiento, era a sede do Colexio da Compañía de Xesús ata a súa expulsión no 1767; na actualidade pertence ao Museo de Pontevedra. Son notabeis nel o claustro e, sobre todo, a grandiosa escaleira de 1722.

20110905080929__gv15415

20110908020951__aa39520
[/section]
[section title=”Praza de Méndez Núñez”]
Antigamente coñecíase como praza das Galiñas debido ao mercado de aves que alí se celebraba fronte ao gran caserón dos Cruz e Montenegro que hoxe está desvirtuado debido ás reformas que sufriu. Nesta casa, construída no século XV, viviu o afamado contra-almirante Casto Méndez Núñez, onde morreu en 1869 pouco despois da batalla de El Callao (Perú) na que participou. A finais do século XIX, este edificio foi centro de importantes e concorridas tertulias de pensadores e escritores da época, como por exemplo Valle Inclán, xa que acollía a famosa Biblioteca dos Muruais. Unha estatua lembra hoxe ao personalísimo autor das Sonatas.

20110905080935__gv1681020110905110903__gg15885
[/section]
[section title=”Praza da Pedreira e Pazo de Mugartegui”]
Nome derivado das actividades de labra e talla de pedra que aquí desenvolvían os canteiros da cidade. Antigamente coñecida como praza da Herba, a praza da Pedreira é un lugar inundado de tempos pasados no que encontramos un precioso pazo construído durante os séculos XVII e XVIII, exemplo característico da arquitectura urbana do barroco galego. Actualmente restaurado como sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe dos Viños Rías Baixas, o Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias Figueroa, Araúxo, Miranda e Quirós e, coroando a construcción, un magnífico exemplar de reloxo de sol.

20110905110901__gv1680720110908120909_pazo-de-mugartegui-copia-copia
[/section]
[section title=”Mercado de Abastos”]
Reformado no ano 2003 polo arquitecto César Portela tras máis de medio século de funcionamento, o mercado de abastos emprázase na marxe do río Lérez, nun espazo onde ten lugar unha importante concentración da actividade comercial.

Cando se levaron a cabo as obras de remodelación, descubriuse unha parte da muralla romana nas súas inmediacións.

O edificio destaca, ademais de polo seu singular valor histórico, pola súa oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade. No andar baixo sitúanse os postos de pescado, de flores e de carne. Por outra parte, o primeiro andar acolle os postos de verduras, hortalizas e froitas, así como os de carnes e queixos.

20110905090952__gv2837320110905120902_dsc_0002-copiaimagenes_DSC_0001_e1672f1dimagenes_DSC_0049_9f6eeaac
[/section]
[section title=”Ponte do Burgo”]
É un dos símbolos da cidade e tamén a causa directa da súa existencia. Foi construída polos romanos para salvar o leito do río Lérez nunha das súas principais rotas de comunicación terrestre: a vía XIX. A ponte mantívose en pé ata mediados do século XII, aínda que en tan mal estado que houbo necesidade de facer unha nova ao seu carón. Pero cando isto aconteceu xa servira para bautizar o núcleo de poboación que se estaba a formar, o burgo de “Ponte Veteri”, en clara alusión á súa decrepitude.

Hoxe é paso obrigado do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago, que segue en boa parte o trazado da vía romana XIX.

20110905090911__gv1669720110905090916__gv1682120110905090952__gv28371
[/section]
[section title=”Praza do Teucro”]
Segundo conta a lenda, o arqueiro grego Teucro, medio irmán de Aiax, despois da Guerra de Troia, viaxou a Occidente fundou a cidade de Pontevedra. A elite renacentista da cidade deulle pulo a este mito para ennobrecer e prestixiar a vila.

Esta praza está enmarcada por casas patruciais dos séculos XVII e XVIII, como a dos Gago e Montenegro, o Pazo de San Román e o Pazo do Marqués de Aranda, nas que podemos atopar bos exemplos da riqueza heráldica da cidade. As rúas situadas nas súas proximidades constitúen unha das zonas máis importantes para tomar tapas ou para ir de viños.

20110905080916__gv1535820110905080919__gv15363

20110905080936__gv16812

20110905090945__gv28313

[/section]
[section title=”Praza do Peirao”]
Situada nos arredores do Parador de Turismo e no solar que ocupaban os vellos peiraos da cidade, cabo do Lérez, esta pequena praza ten no seu centro unha fonte redonda do século XVIII que remata cunha curiosa estatuíña. Nun dos laterais da praza consérvanse restos dos valados da casa na que habitou Paio Gómez Chariño, o trobador e almirante do mar que xace na igrexa conventual de San Francisco. Un antigo caserón reformado recentemente acolle a se do Colexio Profesional de Arquitectos Técnicos.

20110905090946__gv2831520110905120903_dsc_0006
[/section]
[section title=”Praza das cinco rúas”]
Aquí está situada a casa na que viviu o escritor Valle Inclán. O seu afamado cruceiro (1773) foi emprazado neste lugar ao remate da Guerra Civil, traído desde o núcleo mariñeiro de Estribela, situado entre Pontevedra e Marín.

Hoxe é un auténtico centro gastronómico e festeiro, pois nela conflúen algunhas das principais rúas de ocio e locais de hostelería típicos da cidade.

imagenes_5-ruas_4727e2db
[/section]
[section title=”Casa do Barón de Casa Goda”]
Este edificio é un pazo renacentista do século XVI que destaca pola súa portada neoclásica. Situado en pleno centro monumental, foi a antiga residencia dos Condes de Maceda e na actualidade acolle o Parador de Turismo.

20110905090900__gv2880020110905110945__gg15694
[/section]
[section title=”Basílica de Santa María a Maior”]
Este edificio é unha mostra do poder do Gremio de Mareantes, habitantes da Moureira, activo arrabalde mariñeiro que se estendía aos pés da basílica.

Declarada monumento histórico-artístico en 1931, Santa María conxuga á perfección o Gótico tardío co Renacemento. A este último estilo pertence a súa fachada principal (s. XVI), obra de Cornelis de Holanda e João Noble, considerada unha das obras cumio do estilo plateresco en Galiza e que alberga unha curiosa imaxe de San Xerome con anteollos.

No interior, pódese contemplar o Cristo do Desencravo (s. XVI), o Cristo dos Mariñeiros (s. XVIII) e as abraiantes bóvedas de crucería.

20110905010941_sta-mar-a

20110905090950__gv28317

20110908020953__dsf818420110908020953__dsf8191

imagenes__GV28287_0c655d5c
[/section]
[section title=”Convento de Santa Clara”]
Conserva a igrexa de estilo gótico (segunda metade do XIV con reformas posteriores) cun importante conxunto de retablos barrocos. Situada extramuros, xunto ao denominado Camiño de Castela, emprazábase á Porta de Santa Clara, unha das cinco entradas da antiga muralla, xunto coa Porta das Trabancas, na praza da Ferrería, a Porta de San Domingos, no convento de San Domingos, a Porta de Santa María a Grande, na Basílica de Santa María a Maior, e a Porta da Ponte, na ponte do Burgo.

20110905090956__gv28380
[/section]
[section title=”Alameda, Palmeiras, Vicenti”]
Trátase dun conxunto con tres áreas ben diferenciadas, coa Alameda separada das outras duas (o xardín de Eduardo Vicenti e o paseo das Palmeiras) polo paseo peonil de Montero Ríos e os edificios do Instituto Valle Inclán, a Deputación e a Delegación de Educación.

Destaca, diante do concello o monumento conmemorativo da xesta dos Heroes de Ponte Sampaio, construído en 1911 para lembrar a victoria obtida nesta localidade sobre as tropas napoleónicas en 1808.

O conxunto conforma o típico espazo urbano nacido a principios do século XX, cando se derrubaron os muros da cidade e se produxo unha expansión urbana fóra daqueles límites. No que era a horta do Convento de San Domingos fóron construíndose esa avenida e a Alameda, que chegaba ate as primeiras casas das vellas Moureiras e o Cuartel de San Fernando, hoxe facultade de Belas Artes.

Nesa época constrúese tamén o Concello, o Instituto, a Deputación e a actual sede de Educación, antes Instituto feminino. Tras estes edificios, os xardíns de Vicenti e o paseo das Palmeiras, un paseo lineal destas especies exóticas, que hoxe ten continuidade na rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, que continúa a lineatura de palmeiras que conforman esa agradábel zona verde.

imagenes__GV28404_602f3ee0

imagenes_ALAMEDA-3_af0149d3

imagenes_ALAMEDA-5_d86ce821
[/section]
[section title=”Pazo Provincial”]
Exemplo do estilo ecléctico oficial de finais do XIX, foi construído en plena Alameda polo arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros, autor tamén do Concello. Acolle a Deputación Provincial e atópase recentemente restaurado.

www.depontevedra.es

20110905010949__gv28420
[/section]
[section title=”Ruinas de San Domingos”]
Desta igrexa de finais do século XIV só se conserva a súa cabeceira e a fachada da sala capitular, algo posterior a esta data. Declaradas monumento histórico-artístico en 1895, actualmente pertencen ao Museo de Pontevedra. O seu interior abeira unha parte importante da sección lapidar con numerosos escudos, labras e sepulcros medievais de cabaleiros como Paio e Sueiro Gómez de Soutomaior. Igualmente estiveron enterrados aquí Tristán de Montenegro e o nobre galego do século XV Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido popularmente como Pedro Madruga.

20110905110900__gv15349
[/section]
[section title=”Casa do Concello”]
Érguese no contacto do centro histórico coa alameda do Arquitecto Sesmeros, sobre os restos das antigas Casas do Concello (s. XV-XVI). É obra do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros, e responde ao estilo ecléctico decimonónico (1877-1890). A partir deste punto adentrámonos no antigo recinto amurallado.

20110908020900__dsf8114

20110908020901__dsf8173

20110908020903__dsf817720110908120953_dsc_5203

imagenes_Fachada-Concello_640_480_5dcb2663
[/section]
[section title=”Museo de Pontevedra”]
O Museo de Pontevedra conta con seis edificios na cidade: os edificios Castro Monteagudo e García Flórez, o edificio Sarmiento, o edificio Fernández López, as Ruinas de San Domingos e o novo edificio, coñecido como “Sexto edificio”.

Esta institución nace como consecuencia da intensa e activa vida cultural da que estaba impregnada a sociedade pontevedresa a finais do século XIX e principios do XX. A Deputación Provincial, en colaboración cos membros da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, funda o Padroado do Museo en 1927. Hoxe, está considerado un dos mellores do Estado Español.

Do conxunto de edificios que compoñen o Museo, son os principais as casas barrocas de Castro Monteagudo e de García Flórez, claros exemplos da arquitectura civil urbana do século XVIII, unidos a mediados do século XX por un arco. Completan o Museo o Edificio Sarmiento, que foi antigamente convento dos xesuítas (anexo á Igrexa de San Bartolomeu), as ábsidas góticas das Ruínas de San Domingos e o moderno edificio custeado por José Fernández López a mediados da década dos sesenta e logo ampliado. Declarado monumento histórico-artístico en 1962, destaca pola riqueza e diversidade dos seus fondos nos que atopamos pezas e documentos que van desde a Prehistoria ata a actualidade. Destacan as coleccións de arqueoloxía galega (especialmente as da Idade do Bronce, a orfebraría prehistórica e o castrexo-romano e a epigrafía romana), as de acibeches composteláns (a máis numerosa de España), a cerámica popular galega e a de Sargadelos.

Dentro da historia marítima, o Gremio de Mareantes e os grandes navegantes e mariños pontevedreses (coma os irmáns Nodales ou Pedro Sarmiento de Gamboa) ocupan unha parte destacada no Museo. Pero o espazo máis importante é o comprendido polas tres salas dedicadas ao contraalmirante pontevedrés Casto Méndez Núñez, especialmente a que reproduce unha das cámaras da fragata Numancia na que el viaxou.

Escultura e pintura tamén están presentes, e así destaca sobre todo a obra case completa de Castelao , un dos fundadores do Museo.

Actualmente está a piques de inaugurarse o seu edificio máis extenso, un gran contentor cultural ubicado tras o Convento de San Bartolomeu.

www.museo.depo.es

20110905110910__gg16836

20110905110953__gg17224
[/section]
[section title=”San Roque – A Moureira”]
A Moureira era o barrio onde residía o gremio de Mareantes. Este arrabalde mariñeiro, dedicado á pesca e salgadura do pescado, estaba situado extramuros, estendíase desde a ponte do Burgo ata a desembocadura do río Gafos. Dividíase en tres partes: a chamada “A Moureira de Arriba”, situada nas inmediacións da ponte; a “Moureira da Barca”, máis próxima a Poio, e a “Moureira de Abaixo”, o actual barrio de San Roque. Aquí eríxese a Capela de San Roque, santo este considerado avogado, xunto con San Sebastián contra a peste. Este templo foi erixido nas Corbaceiras, moi próximo ao porto, para protexer á cidade dos efectos mortais dos barcos infectados. Aínda que a súa orixe non está moi clara, ao longo dos séculos sufriu varios cambios de situación, ata que en 1861, a capela foi trasladada ata o seu actual emprazamento, e conserva aínda algúns elementos construtivos da primitiva. A escasos metros atopamos a praza de touros construída, toda de madeira, en 1892. Sete anos máis tarde inaugurouse o actual coso, o día da Peregrina. Sen embargo, a principios do século XVII xa se celebraban touradas na praza da Ferrería que era pechada cada ano con cercado de madeira.

imagenes__GV28422_693d6d8e
[/section]
[section title=”As rúas, un centro comercial”]
A trama urbana que forma o nó central da cidade ofrece unha ampla oferta comercial, con rúas animadas e de estimulante paseo. Tanto no Centro Histórico como no treito peonil de rúas como Gutiérrez Mellado, Michelena, Oliva, Praza San Xosé, Rosalía Castro, García Camba, Daniel de la Sota, Cobián Roffignac, Benito Corbal, Sagasta, Glorieta Compostela e anexas desenvólvese unha constante actividade comercial.

20110905110906_daniel-de-la-sota-copia

20110905110908_michelena

20110905110910_pr-s-xos-2INAUGURACION FUENTE GLORIETA DE COMPOSTELA

imagenes_Compostela_9653c3b6
[/section]
[section title=”Praza de San Xosé”]
No centro deste espazo urbano ubícase un monumento ás tertulias, conformado por cinco esgrevios intelectuais vencellados á Pontevedra do século XX. Moi propia para unha praza na que se asentan dous dos centros culturais máis importantes da Cidade: o Cento Sociocultural Novacaixagalicia e o Café Moderno, da mesma entidade. Constantes exposicións, programacións de música, teatro, cinema, danza, ópera…. e por suposto, un foro continuo de tertulias, charlas e conferencias.

www.abanca.com

www.afundacion.org

20110902120913__aa26262
[/section]
[section title=”Teatro principal e Liceo Casino”]
Reconstruído despois dun nefasto incendio en 1980, está situado no centro histórico da cidade. Inicialmente foi construído (xunto co Liceo Casino) no solar da antiga igrexa de San Bartolomeu o Vello, destruída en 1842. Ao seu carón, hai algúns edificios interesantes, como a Casa das Campás na rúa de Don Filiberto, datábel a finais do século XV, e que conserva a súa fachada principal.

O Teatro Principal acolle unha rica e variada oferta cultural ao longo de todo o ano, composta principalmente por representacións teatrais, concertos, proxeccións cinematográficas e exposicións temporais.

20110905090957__gv28402

[/section]
[section title=”Pazo da Cultura – Recinto feiral”]
Obra do arquitecto Manuel de las Casas e inaugurado en 1997, o Pazo de Congresos e Exposicións é un centro cultural concibido como un conxunto de edificios proxectado á escala da paisaxe. Está situado nunha zona axardinada nas ribeiras do río Lérez. Este complexo está dotado dun moderno auditorio, con capacidade para 772 persoas, dunha área de congresos e unha sala de exposicións. Os espazos citados poden ser empregados de forma conxunta, simultánea ou independente. Neste recinto municipal desenvólvese unha rica e variada oferta cultural, con concertos, obras de teatro, cursos e congresos, exposicións temporais… O Recinto Feiral anexo, con 165 metros de lonxitude, conta cunha superficie útil case 5.000 metros cadrados que permiten acoller todo tipo de feiras, mostras comerciais e eventos culturais. O recinto está unido ao Pazo da Cultura, o que permite a utilización conxunta de todas as súas dependencias, de modo que os servizos de restaurante, cafetería e terraza son de uso común.

https://www.pazodacultura.org

20110905120902_recinto-ferial

20110905120957_pazo-100

imagenes_Pazo-cultura_a10f9142

[/section]
[section title=”Illa do Cobo ou das Esculturas”]
A Illa da xunqueira do río Lérez está encravada na zona periurbana da cidade de Pontevedra. Posúe accesos directos a través de pontes e pasarelas que a comunican co entorno urbano. Esta situación de privilexio a converten nun lugar de recreo, paseo e descanso de incalculable valor.

A illa encontrase, así mesmo, nun enclave de gran valor natural e paisaxístico, coa zona do río Lérez que está declarada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), incluída dentro da Rede Natura 2000.

Todo este entorno engloba hábitats de bosques de ribeira con ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior), carballos (Quercus robur), bidueiros (betula alba) ou abeleiras (corillus avellana). Existen, así mesmo, especies de gran valor dende o punto de vista da fauna.

A illa do Lérez acolle en definitiva un conxunto natural e artístico de gran calidade ambiental ó tratarse dun proxecto de transformación do espazo natural respectando os seus valores naturais e como espazo expositivo de arte contemporánea.

A Illa do Cobo, ultimamente chamada das Esculturas, é un lugar senlleiro do patrimonio ambiental, agrario e cultural do concello de Pontevedra.

As xunqueiras do lérez deron sustento aos veciños das Parroquia da súa ribeira que secularmente tomaron dela forraxe para o gando e fertilizante natural para os cultivos.
O río Lérez é Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), formando parte da Rede Europea Natura 2000.

O contorno do Río Lérez é hábitat de valiosas especies de fauna e flora algunhas delas, obxecto de protección pola Lei do Patrimonio Natural e mailos Catálogos de especies ameazadas tanto a nivel Estatal como Galego.

Baixo a protección das súas formacións de arboredo e ao longo das ribeiras do Lérez existiu e aínda perdura unha riqueza vexetal sen igual que fixo desta paraxe un dos lugares predilectos de Frei Martín Sarmiento para o inicio do estudo científico da botánica e da lingua galega.
As xunqueiras do lérez deron sustento aos veciños das Parroquia da súa ribeira que secularmente tomaron dela forraxe para o gando e fertilizante natural para os cultivos.

Por último debe ser considerado o valor artístico que foi incorporado con diversas intervencións no ámbito da illa. Cada un dos artistas ideou unha obra que se interrelaciona coa paisaxe e coa historia da escultura e da pedra.

Existen, xa que logo, importantes razóns de índole ambiental, social e cultural que recomendan un estudo pormenorizado co obxecto de harmonizar a conservación ambiental co uso social o coidado do patrimonio cultural que se relaciona co espazo da Illa e a valorización social da arte ate o de hoxe pouco desenvolta.

O proxecto artístico da Illa das Esculturas de Pontevedra, é pioneiro en España como unha transformación permanente dun paisaxe real a través do arte actual. Doce artistas foron invitados para realizar proxectos específicos para a Illa, e cada un deles ideou unha obra que se interrelaciona coa paisaxe, coa tradición do lugar, coa historia da escultura e da pedra, e moi especialmente coa esencia do home e a súa relación coa Natureza.

A pedra, material presente nas esculturas, a persistencia do camiño como ruta e como encontro de culturas e a idea de liberdade e diferenza, enchen conceptualmente este proxecto, quedando as esculturas permanentemente incorporadas ó espazo, creando a primeira Illa de Esculturas de España, e unha das poucas e xa históricas iniciativas internacionais de similares características.

Aquí están presentes as obras de artistas como Giovanni Anselmo, Fernando Casás, José Pedro Croft, Dan Graham, Francisco Leiro, Richard Long, Robert Morris, Anne & Patrick Poirier, Ulrich Rückriem ou Enrique Velasco. Cada un deles ideou unha obra que se interrelaciona coa paisaxe e coa historia da escultura e da pedra.

20110905090917__gv28793

20110908020949__aa31488

imagenes__GV28369_74e7786c

imagenes_Lerez-21_9369bb6d
[/section]
[section title=”A Senda do Lérez”]
É un parque lineal que nace na Avenida de Bos Aires, paralela ao Río Lérez, e decorre en paralelo á Urbanización de Monte Porreiro. En breve entrará en servizo o itinerario máis grande desta senda, que vai desde a Estación de captación de auga ate Bora, uns 5 km de percorrido cabo do río.

A senda nace na Ponte dos Tirantes, desde donde vai en forma de paseo urbano ata a praia fluvial, perto das pontes do tren. De alí introdúcese na mesta vexetación de ribeira, entre carballos e salgueiros, por diversas pasarelas de madeira e camiños acondicionados para un acceso doado. Despois a senda ten que continuarse polos antigos accesos á estación de bombeo da auga, de donde nace o itinerario máis longo, que comunica esta zona de Monte Porreiro con Bora, en paralelo á tubería que conduce a auga que a fábrica de Ence en Lourizán capta do río.

Pola marxe da parroquia de Lérez, a senda pode tomarse a partires da Illa das Esculturas, desde donde pode camiñar un pequeno treito á beira do río, para subir despois ao Mosteiro de San Bieito. De alí, por diversos camiños, volve a baixar cara a unha das pasarelas peonís que comunican esta marxe coa de Monte Porreiro. Antes de cruzar a ponte, pode dirixirse, río arriba, ao lugar da Illa do Couto, donde desemboca o río dos Fontáns, un espazo de agradábel fisonomía.

20110905010924_p1010065

20110905010932_p1010066-copia

20110908040924__aa41748

20110908040926__aa41782

20110908040928__aa41798

20110908040937__gv2835420110908040950_img_8894

imagenes_LEREZ-5_1f05f8de

imagenes_senda-2_966319ca

imagenes_senda-4_1aa1a88d
[/section]
[section title=”Paseo dos Gafos”]
Este parque é un paseo lineal ao longo da maior parte do treito urbano do Río dos Gafos, unha canle que procede de Vilaboa, atravesa Tomeza e a zona norte de Salcedo e penetra no centro urbano pola zona da Estación de Autobuses. No treito rural o río vai acompañado dunha agradábel senda en todo o seu percorrido. Na zona urbana, o espazo libre que deixou a intensa actividade edificatoria foi convertido nun parque lineal que parte da ponte da Avda. da Estación, atravesa baixo Ponte Boleira (Av. de Vigo) e vai dar ao parque de Campolongo. Todo ese percorrido é de feito unha frondosa senda que decorre a ámbolos lados do río, apoiado en pasarelas de madeira para facer posíbel o paso, e un alumeado moi apropiado para unha acolledora área natural imbricada no centro urbano coma esa.

A partir de aí, o Gafos decorre por baixo da urbanización de Campolongo, para volver renacer á altura da Avenida de Rosalía Castro, desde donde existe un último treito practicábel antes do seu fin, nas Corbaceiras. Neste último treito do percorrido, duas pontes e varios edificios tradicionais dannos unha idea de cómo era este río antano, cando constituía unha das máis famosas fotos da cidade, coas mulleres lavando nas súas augas cristalinas.

20110905010900_parque-gafos-320110905010902_parque-gafos

20110905010957_parque-gafos-2

20110905010959_img_9016

[/section]
[/sections]